Unha APP para teléfonos móbiles ofrecerá información turística e de servizos en Monforte

Dende o Concello suliñaron que a aplicación estará plenamente operativa antes do verán

A nova aplicación de turismo e servizos será de utilidade para veciños e visitantes de Monforte. Arquivo EC.
A nova aplicación de turismo e servizos será de utilidade para veciños e visitantes de Monforte. Arquivo EC.

• O Concello de Monforte está a poñer en marcha unha iniciativa de promoción turística aproveitando as novas tecnoloxías. Nestes meses, estase a elaborar unha Aplicación de Turismo e Servizos, encargada á empresa monfortina ProWebPC, e que estará dispoñible nas plataformas Android e IOS. Dende o Concello estiman que esta app estea plenamente operativa antes do verán.

ACTUALIZACIÓN PERIÓDICA

Según explicaron os responsables municipais, nestes días membros da empresa encargada dos traballos están a visitar os establecementos comerciais monfortinos para recoller información actualizada. Sobre esta información inicial, os comerciantes e hostaleiros poderán, nunha etapa posterior, solicitar a introdución de cambios concretos que se axusten á nova realidade do seu negocio.

Dende o Concello de Monforte precisaron que esta aplicación nace «para dar servizo tanto aos turistas e persoas que nos visitan como á veciñanza de Monforte, xa que se trata dunha guía completa de servizos na que poderemos atopar a situación e contacto de calquera establecemento».

CÁLCULO DE RUTAS, LECTOR DE QR E DIRECTORIO TELEFÓNICO DE SERVIZOS MUNICIPAIS

A nova app ofrecerá a posibilidade de trazar unha ruta dende a situación actual do usuario ata o punto de destino. Ademais, contará cun lector de códigos QR para visualizar a información dos lugares de interese, así como un directorio telefónico para os contactos dos servizos municipais máis importantes.

POSIBLE AMPLIACIÓN DOS USOS DESTA APP

Os responsables desta iniciativa suliñaron que está previsto que en futuras versións desta aplicación se poidan incorporar servizos e ferramentas de utilidade para facilitar o contacto entre a cidadanía e as institucións municipais.

Dende o Concello lembraron a súa aposta pola innovación e a creatividade das empresas de Monforte, principalmente grazas a acordos coa Vicepresidencia 1ª da Deputación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O SERVIZO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS EDITA UN NOVO NÚMERO DO BOLETÍN FAMILIAR SOBRE O ACOSO ESCOLAR

Seguinte Nova

O PP de Monforte reivindicou a figura do VII Conde de Lemos no Día do Libro

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

   
A %d blogueros les gusta esto: