•O pasado luns 27 de abril arrincou en Monforte a nova emisora Onda Cero 91.8 FM, conducida pola periodista Manola Porto.
«JULIA EN LA ONDA» CENTROU A XORNADA INAUGURAL DENDE MONFORTE
A posta en marcha tivo como madriña de excepción a Julia Otero, filla predilecta de Monforte, quen dende unha abarrotada Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro realizou o programa vespertino Julia en La Onda, nunha edición especial adicada á Ribeira Sacra.
A RIBEIRA SACRA, PROTAGONISTA CON JULIA OTERO
O programa contou coa presencia dos colaboradores habituais de Julia en La Onda, e tamén coa intervención do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, quen falou na emisión inaugural de Onda Cero Monforte á riqueza monumental e paisaxística da Ribeira Sacra, e da candidatura desta zona á Patrimonio da Humanidade.
MANOLA PORTO VOLVE Á RADIO
A coñecida periodista Manola Porto estará á fronte da nova emisora de Onda Cero en Monforte. Porto e o seu equipo de profesionais emitirán dende as oficinas das céntricas Galerías Fontecha os contidos de actualidade informativa nas desconexións locais, e o magacín diario a través do dial 91.8 de FM.•