•Onda Cero arrinca en Monforte no 91.8 FM conducida por Manola Porto

O pasado luns 27 de abril arrincou en Monforte a nova emisora Onda Cero 91.8 FM, conducida pola periodista Manola Porto.

«JULIA EN LA ONDA» CENTROU A XORNADA INAUGURAL DENDE MONFORTE

A posta en marcha tivo como madriña de excepción a Julia Otero, filla predilecta de Monforte, quen dende unha abarrotada Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro realizou o programa vespertino Julia en La Onda, nunha edición especial adicada á Ribeira Sacra.

A RIBEIRA SACRA, PROTAGONISTA CON JULIA OTERO

O programa contou coa presencia dos colaboradores habituais de Julia en La Onda, e tamén coa intervención do alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, quen falou na emisión inaugural de Onda Cero Monforte á riqueza monumental e paisaxística da Ribeira Sacra, e da candidatura desta zona á Patrimonio da Humanidade.

MANOLA PORTO VOLVE Á RADIO

A coñecida periodista Manola Porto estará á fronte da nova emisora de Onda Cero en Monforte. Porto e o seu equipo de profesionais emitirán dende as oficinas das céntricas Galerías Fontecha os contidos de actualidade informativa nas desconexións locais, e o magacín diario a través do dial 91.8 de FM.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

350 deportistas convertiron Monforte na capital do taekwondo de Galicia

Seguinte Nova

Ribas de Sil dinamizará o verán cunha intensa programación cultural

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: