O organismo provincial aprobou unha liña de axudas para o sector gandeiro, dotada con 200.000 euros, para impulsar o rural e o sector primario na provincia de Lugo. O voceiro socialista na Deputación, Manuel Martínez, destacou que a convocatoria «responde ás peticións realizadas polos veciños nos Orzamentos Participativos 2015, que estamos na obriga de convocar e e executar no ano actual, tendo en conta ademais a delicada situación do sector». As axudas destinaranse a subvencionar actividades de funcionamento e organización de produtores de leite, de xeito que poidan contar con persoal e recursos suficientes e de calidade para evitar o desequilibrio entre produtores e industrias no novo escenario tras a desaparición das cotas. O sistema de concesión será o de concorrencia non competitiva, de xeito que ningún dos futuros beneficiarios perciba menos do 20% do orzamento total.•
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán