Augas Santas celebrou o torneo previo ao LET Access Series 2015

Foto de familia dos gañadores do Torneo previo ao LET Access Series 2015, que se disputou en Pantón o 18 de abril. (Foto cedida).
Foto de familia dos gañadores do Torneo previo ao LET Access Series 2015, que se disputou en Pantón o 18 de abril. (Foto cedida).

• O sábado 18 de abril disputouse no OCA Augas Santas Golf o Torneo Previo LET Access Series 2015 no que os participantes competían polos premios e as clasificacións para o Torneo PROAM LET Access, se disputou o día 28.

O vencedor scratch foi o lucense Oscar Trinidad cun resultado de 29 puntos. Na primera categoría ata hándicap 16,0, o vencedor foi Manuel Caramés con 33 puntos, seguido de José Luis Sánchez «Grande» con 31 puntos, e César Varela con 30 puntos.

Na segunda categoría a vencedora foi a local Teresa Dasilva con 32 puntos, seguida de Isabel Fernández e de José M. Naveira, ambos con 30 puntos. Todos eles participaron no ProAm, onde poideron compartir partida coas mellores xogadoras femininas do circuíto europeo.

MANUEL HERNÁNDEZ E O COMBINADO GALEGO, SEGUNDO POSTO NO CAMPIONATO INTERAUTONÓMICO SUB-18

Por outra banda, o xove monfortino Manuel Hernández continúa a súa extraordinaria proxección deportiva ao acadar o segundo posto dentro do Campionato Interautonómico Sub-18 que disputou co combinado de Galicia. A proba, disputada en Ávila os días 18 e 19 de abril, deu o triunfo ao País Vasco, a pesares do magnífico traballo da representación galega. A proba disputouse por parellas, que por parte de Galicia estivo defendida polo dúo Manuel Hernández e Alejandro Nimo, e pola parella formada por Jesús Ouro e Iñigo López Pizarro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A capital provincial acollerá o 8 e 9 de maio o congreso dixital e de redes sociais #InLugo15

Seguinte Nova

Os irmáns Burgo, terceiro posto no Rally Islas Canarias e con opcións ao Campionato de España

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: