Chantada, unha das tres vilas lucenses que participan no proxecto Localidade de dinamización local

Esta iniciativa da Vicepresidencia da Deputación busca «implicar á poboación local no desenvolvemento económico e social do territorio en base aos recursos endóxenos»

• O pasado 22 de abril, o telecentro de Chantada acolleu o encontro correspondente á primeira fase do proxecto Localidade, posto en marcha dende a Vicepresidencia da Deputación para impulsar a dinamización local. Axentes sociais e representantes do tecido asociativo de Chantada participaron nunha reunión na que os responsables provinciais deron a coñecer as características do proxecto Localidade.

ARTELLAR UN PROXECTO DE DESENVOLVEMENTO DENDE DENTRO

O obxectivo fundamental desta iniciativa é implicar á poboación local e aos colectivos da zona no desenvolvemento do municipio.

Según explicou o vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, na presentación do proxecto Localidade, o medio rural constitúe «un espazo de oportunidades e posibilidades con escaso aproveitamento das mesmas actualmente», e busca artellar unha «proposta de desenvolvemento dende a propia zona a través dos colectivos e asociacións de cada zona na que se intervén». O proxecto Localidade arrincou simultaneamente nos concellos de Chantada, Mondoñedo e Guitiriz. Veiga destacou que un dos piares básicos deste proxecto é «fomentar e potenciar a participación cidadá na toma de decisións e a corresponsabilidade da poboación no desenvolvemento municipal».

DATOS PARA ANALIZAR A SITUACIÓN DE CADA CONCELLO

Os resultados desta primeira fase do proxecto Localidade serán unha radiografía da situación real da sociodemográfica do municipio, un mapa do tecido asociativo do concello, e un catálogo de recursos que recolla as potencialidades existentes na actualidade no municipio, tanto de iniciativa pública como privada.

PROXECTO EN TRES FASES

O proxecto Localidade ten como primeira fase a diagnose e análise da realidade municipal. Así, detéctanse as necesidades e demandas dos colectivos asociativos como do territorio, grazas ao contacto de primeira man con todas as asociacións e colectivos. Con estes datos, pode elaborarse un mapa de recursos endóxenos e de potencialidades cos que conta esa localidade para o seu desenvolvemento.

A segunda fase consistirá na elaboración dun Plan de Actuación para o desenvolvemento municipal en base aos recursos endóxenos existentes, e que terá en conta as propostas presentadas.

A terceira e última fase centrarase na posta en marcha das actuacións e proxectos propostos. Esta fase levarase a cabo grazas á colaboración do Concello e a Deputación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Investimento provincial de preto de medio millón de euros en estradas do sur lucense

Seguinte Nova

O programa Big Ciencia levou a Chantada a divulgación científica de xeito lúdico e participativo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss