Cultura no Camiño programa espectáculos en catro concellos para maio

O programa Cultura no Camiño, posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza durante o mes de maio un total de catro espectáculos en concellos do sur lucense.

SOBER E QUIROGA

O venres 8 ás 17,30 horas, a Biblioteca Municipal de Sober acollerá o espectáculo de teatro infantil «Carteiro en bicicleta», desenvolvido pola compañía A Trastenda dos Contos. O sábado 9 de maio, o Auditorio Municipal de Quiroga será o escenario da representación musical «Rúa & Xestren en concerto», a partir das oito da tarde.

MONFORTE E PARADELA

Cultura no Camiño fará parada en Monforte o xoves 14 de maio, co espectáculo teatral «Galego pode ser calquera. Manual do bo galego» que Alberte Montes porá en escea no Centro Cívico a partir das 20 horas. Por último, o Polideportivo Municipal de Paradela acollerá, o domingo 17 de maio ás 19 horas, o espectáculo de maxia «Spiral», a cargo de O Mago Gusi.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PP de Monforte reivindicou a figura do VII Conde de Lemos no Día do Libro

Seguinte Nova

O Torneo Xadrez Chantada 2015 Galicia Central será o 9 de maio

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss