Esquerda Unida-SON defenderá «un novo modelo de concello para recuperar a dignidade da maioría social en Monforte»

O candidato desta coalición á alcaldía de Monforte, Amaro Carretero, afirmou que «o modelo de xestión actual non serve para atender as necesidades urxentes da cidadanía»

• A coalición Esquerda Unida-SON presentou a mediados deste mes a candidatura coa que se presentará ás eleccións municipais en Monforte. A lista, encabezada por Amaro Carretero, conta cunha «importante presencia de xente moza complementada coa experiencia de persoas vinculadas ao activismo social e sindical». Esta lista propón, según explicaron os responsables desta coalición, «un cambio radical na búsqueda de aproveitar o potencial humano e de recursos propios que ten a nosa comarca».

«ESTA LISTA DEMOSTRA QUE HAI XENTE NOVA DISPOSTA A COMPROMETERSE»

O cabeza de lista de Esquerda Unida- SON á alcaldía de monforte é Amaro Carretero, actor e activista social de 30 anos, militante de Esquerda Unida dende 2004. Como número dous, figura Adrián Casanova Chiclana, de 25 anos, graduado en Bioloxía e comprometido co activismo social. O número tres da candidatura é José Luis López, de 50 anos, que vén do mundo sindical, procedencia tamén de Reyes Rodríguez, de 47 anos, e que figura de número catro desta candidatura.

A lista inclúe ademais a Óscar Moldes, de 29 anos, técnico superior en Electrónica e que militou no Sindicato de Estudiantes; Cristina Sánchez, de 26 anos, educadora infantil; Rocío Rodríguez, de 33 anos, avogada; Antonio Quiroga, de 29 anos, traballador da construcción, e Agustín Fernández, de 28 anos, graduado en Belas Artes, produtor e músico. Según precisou Amaro Carretero, «esta lista demostra que hai xente nova disposta a comprometerse por recuperar os nosos dereitos como cidadáns».

EIXOS DO PROGRAMA

Según explicou o candidato de Esquerda Unida-SON á alcaldía de Monforte, os eixos programáticos desta formación inclúen a rexeneración democrática, a través da participación cidadá nos orzamentos e nos plenos, a renuncia aos complementos por participación en plenos, comisións e dietas dos concelleiros con dedicación exclusiva, e que ningún salario supere tres veces o salario medio interprofesional. Ademais, plantean a revogación do mandato mediante referendo e un límite de dous mandatos para o cargo de alcalde, facilitando a renovación e evitando a profesionalización da actividade política. Outro eixo céntrase na defensa dos servizos públicos, coa remunicipalización progresiva dos servizos de auga, lixo, piscina municipal ou recadación, garantindo os postos de traballo. No eido económico, plantean unha auditoría da débeda e contas do Concello, e un plan de dinamización económica, outro contra a exclusión social, defender o pequeno comercio e apoiar á creación de cooperativas e comunidades de bens.

En urbanismo, propoñen revisar e completar o PEPRI para reactivar o casco histórico, un banco de terras municipal, e un novo plan de transporte público. En ocio e cultura, piden un consello municipal de cultura, impulsar a candidatura da Ribeira Sacra, elaborar unha guía turística e unha axenda cultural cos organismos implicados, e apoiar ao deporte base, especialmente aos minoritarios. Por último, propoñen unha concellería da Muller, ordenanzas contra a publicidade sexista, e impulso do Foro Social da Muller.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

CONTINÚA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CÍRCULO SAVIÑAO

Seguinte Nova

José Tomé, candidato socialista á alcaldía de Monforte, afirmou que “temos un proxecto claro, centrado nos servizos públicos, un novo Plan Xeral e a recuperación económica”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: