Iníciase en maio a segunda fase do programa de venda de solo industrial en Monforte

Núñez Feijóo precisou que este programa establece bonificacións de ata o 50% O presidente da Xunta lembrou que o Porto Seco de Monforte e o polígono de Pazos, en Verín, serán os dous grandes parques beneficiados

O Porto Seco de Monforte ofrecerá parcelas cun desconto de ata o 50% no seu prezo. Arquivo EC.
O Porto Seco de Monforte ofrecerá parcelas cun desconto de ata o 50% no seu prezo. Arquivo EC.

• O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a posta en marcha no mes de maio da segunda fase do Programa de venda de solo empresarial, que establecerá bonificacións de ata o 50% nos parques empresariais xestionados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). O titular autonómico precisou que este programa «establecerá prezos bonificados en 21 parques empresariais, con aproximadamente 500.000 metros cadrados, e os dous grandes polígonos que se van beneficiar son o Porto Seco de Monforte e o parque empresarial de Pazos, en Verín».

O Consello da Xunta aprobou o pasado 23 de abril o decreto polo que se regula o réxime xurídico do solo propiedade do IGVS, que fai posible establecer bonificacións no prezo de todos os parques empresariais que xestiona, e tamén incluír outras medidas para incentivar a actividade empresarial en Galicia, como son a flexibilización das formas de pago deste tipo de solo. Este novo decreto dá notables facilidades, xa que permite establecer aprazamentos de pago, regula a permuta de solo por edificación, e tamén permite a adxudicación de parcelas en dereito de superficie. Tamén o decreto inclúe a posibilidade de adxudicación directa de parcelas cando se trate de ampliacións dun parque empresarial xa existente. O decreto posibilita asimesmo a adxudicación directa a favor de fundacións públicas autonómicas ou empresas con capital participado polo IGVS, a Xunta ou outras entidades do sector público autonómico, así como cando se trate de parcelas para proxectos empresariais declarados singulares.

Por outra banda, este decreto regula a posibilidade de adxudicación de solos aínda non urbanizados a empresas que polas características do seu proxecto necesitan grandes superficies. Isto permitirá que a urbanización se adapte perfectamente ás necesidades da empresa, facilitando así a súa implantación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os irmáns Burgo, terceiro posto no Rally Islas Canarias e con opcións ao Campionato de España

Seguinte Nova

O Hospital de Monforte crea comités de tumores para abordar de xeito multidisciplinar as patoloxías oncolóxicas

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss