José Manuel Arias premia a capacidade de traballo do seu equipo en Bóveda e decántase por una lista continuista

O alcalde de Bóveda e candidato do PP ás municipais destacou «a experiencia e a xuventude» dunha lista que demostrou neste mandato «unha gran labor en sectores como o empresarial»

O alcalde de Bóveda e candidato do Partido Popular ás municipais, José Manuel Arias, xunto coas persoas que compoñen a candidatura que concurrirá ás eleccións de maio. (Foto cedida).
O alcalde de Bóveda e candidato do Partido Popular ás municipais, José Manuel Arias, xunto coas persoas que compoñen a candidatura que concurrirá ás eleccións de maio. (Foto cedida).

• A mediados deste mes, o candidato do Partido Popular á alcaldía de Bóveda e actual rexedor, José Manuel Arias, presentou oficialmente a candidatura coa que concorre ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio.

RECOÑECEMENTO AO TRABALLO DO SEU EQUIPO

José Manuel Arias, quen está á fronte do goberno local no municipio de Bóveda dende o ano 1999, quixo «premiar o traballo levado a cabo» polo seu equipo ao longo deste mandato. Arias destacou a súa vontade de elaborar unha lista de continuidade.

CANDIDATURA QUE REÚNE «XUVENTUDE E EXPERIENCIA»

«Os membros desta lista son persoas que reúnen experiencia e xuventude, e contan cunha gran capacidade de traballo», afirmou o alcalde de Bóveda e candidato do Partido Popular. José Manuel Arias resaltou ademais a labor desenvolvida durante este mandato en todos os sectores, especialmente no tocante ao tecido empresarial.

José Manuel Arias agradeceu ao seu equipo o traballo feito nestes anos, e deixou claro que seguirán «na liña emprendida ata o de agora, traballando polos veciños de Bóveda e polo municipio».

Durante a presentación da candidatura do PP que encabeza José Manuel Arias López, actual alcalde, déronse a coñecer os integrantes da lista. Así, figuran José Luis Rivera Saco, Dionisio Blanco Rubiños, Francisco Javier Domínguez López, Natividad Rodríguez López, Cristina Juiz López, Patricia López López, José Manuel Carballo Pérez, e Pilar Valcárcel Pérez. Como suplentes, Iván Rodríguez Puente, Manuela López López, Cintia Vidal López, Manuel Sarmiento López, Vanesa López González e Patricia Rivera Lorenzo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Contacontos e obradoiro de encadernación no Día do Libro en Bóveda

Seguinte Nova

O PSOE aposta pola renovación na candidatura de Pantón con Pedro Rodríguez Palacio ao fronte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: