José Tomé, candidato socialista á alcaldía de Monforte, afirmou que “temos un proxecto claro, centrado nos servizos públicos, un novo Plan Xeral e a recuperación económica”

O secretario xeral dos socialistas de Galicia asegurou que «Tomé será o próximo alcalde de Monforte» Gómez Besteiro suliñou ademais que «os socialistas somos necesarios porque somos os que mellor xestionamos os concellos, pensando só nos problemas dos cidadáns»

O candidato socialista á alcaldía de Monforte, José Tomé, e os membros da súa lista, acompañados polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario provincial, Juan Carlos González Santín, e o deputado autonómico Vicente Docasar. (Foto cedida).
O candidato socialista á alcaldía de Monforte, José Tomé, e os membros da súa lista, acompañados polo secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, o secretario provincial, Juan Carlos González Santín, e o deputado autonómico Vicente Docasar. (Foto cedida).

• A mediados deste mes, José Tomé Roca, candidato do PSdeG á alcaldía do Concello de Monforte, presentou a lista coa que concurrirá ás municipais de maio. Tomé definiu os seu programa como «un proxecto claro, centrado nos problemas de Monforte e con obxectivos ben definidos, porque esta cidade merece unha oportunidade para volver medrar».

TRES LIÑAS PRIORITARIAS

Os tres piares do programa que propoñen os socialistas de Monforte céntranse nos servizos sociais, o Plan Xeral e a recuperación económica. Así, Tomé explicou que o seu equipo «quere potenciar de verdade» os servizos sociais para as persoas e as axudas a domicilio e dependencia, «e non como outros, pois, xunto con Chantada, somos os concello que temos o gasto social máis baixo por habitante». Tomé precisou que «investimos tan só 66 euros por habitante, mentres que O Saviñao destina 112 euros ou A Pobra do Brollón 139».

Os socialistas tamén plantean a elaboración dun Plan Xeral «que recolla a realidade actual e deseñe o futuro». A terceira prioridade do programa da candidatura socialista é «recuperar a actividade económica do noso tecido produtivo e darlle ocupación aos terreos industriais».

CRÍTICA AO ACTUAL GOBERNO LOCAL

«Con este programa demostramos que temos o rumbo definido, xusto o que se precisa, pois o panorama do noso concello é un panorama sen actividade, sen proxectos, sen apoios e sen capacidade política para liderar á sociedade monfortina», criticou Tomé, quen precisou que «levamos catro anos en tempo morto, como din no baloncesto». «Con todo, e como creo que hai que ser elegantes cos que se van», José Tomé adiantou que «imos axudar ao alcalde a rematar o seu mandato, independentemente de que esteamos ou non de acordo coa súa labor, xa que foi o noso representante durante 12 anos».

«O PP SÓ VEN DE VISITA TURÍSTICA E A MENTIRNOS»

José Tomé lembrou que «os socialistas somos necesarios, e proba disto é que os dirixentes do PP de Monforte só veñen para utilizarnos, de visita turística e a mentirnos». Tomé critciou que «os populares din non ao obradoiro de emprego e ao centro de continuidade do colexio Infanta Elena, retrasan as obras públicas e, por riba, presumen de que son a solución, cando realmente son parte do problema». Tomé convidou aos responsables do Partido Popular a «facer unha ruta para ir amosando onde están metidos eses 144 millóns de euros que din que investiron na cidade». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Esquerda Unida-SON defenderá «un novo modelo de concello para recuperar a dignidade da maioría social en Monforte»

Seguinte Nova

Paisaxe urbana con herdanzas do cómic na mostra «Ventanas», de Ramón Estévez, ata mediados de maio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: