Mª del Carmen Macía estréase como candidata á alcaldía de Bóveda

Presenta unha candidatura renovada e con xente moza nos postos de saída

Mª del Carmen Macía co equipo que integra a renovada candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Bóveda.  (Foto cedida).
Mª del Carmen Macía co equipo que integra a renovada candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Bóveda. (Foto cedida).

• A candidata á alcaldía de Bóveda, María del Carmen Macía, xunto á vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, o coordinador comarcal, Roberto García, e varios deputados socialistas presentou a mediados deste mes a candidatura coa que concorrirá ás eleccións municipais de maio. Según Macía, a súa candidatura está configurada para «defender os intereses dos veciños desta municipio, para rachar coa parálise do Goberno de Arias e para introducir ao concello no século XXI».

A actual voceira do grupo municipal do PSOE estréase como cabeza de lista, nun reto que asume «con ilusión e con ganas de consolidar o traballo comezado hai oito anos» cando se iniciou na primeira liña da política local. A vicepresidenta segunda da Deputación gabou «o intenso traballo» que Macía desenvolveu nos últimos anos «para mellorar a calidade de vida e os servizos dos veciños de Bóveda». Méndez puxo a Deputación de «exemplo de como os socialistas gobernamos as institucións públicas, ofrecendo solucións aos problemas dos veciños, o paro, o despoboamento, e os servizos sociais, e levando ben as contas públicas». Lara Méndez lembrou que o Goberno provincial destinará 380.000 euros a unha nova ETAP en Bóveda, «que mellorará o abastecemento do 80% dos habitantes do municipio, cunha obra que os veciños tamén deben á preocupación da candidata».

O coordinador comarcal do PSOE, Roberto Castro, subliñou que a candidata representa un proxecto «serio e responsable, co que estou seguro se dará continuidade ás políticas que levamos facendo os socialistas noutros concellos, como é o de Ribas de Sil, e coas que estamos a dar unha resposta eficaz aos veciños».

CANDIDATURA SOCIALISTA EN BÓVEDA

A candidatura que lidera Macía representa «o futuro que queremos para Bóveda». A lista inclúe unha «profunda renovación» nos postos de saída «coa experiencia dos máis veteranos» que completan os postos baixos da lista. Como número dous figura Jesús González Carballedo, seguido por Mª Victoria Pereiro Rodríguez; José Manuel González Losada; Roberto Piñeiro Pacio; María Carmen González García; José Antonio Vila Yáñez; José López Castro; Mª Dolores Vázquez Gay; Cristina Pereiro Rodríguez; e José Luis López Saco.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Paula Vázquez Verao será a candidata á alcaldía de Sober por Agroma Sober

Seguinte Nova

Primeiros pasos para a reactivación da pizarra en Quiroga

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

     
A %d blogueros les gusta esto: