Máis de 70 xogadores participaron en Chantada no Campionato Comarcal de Xadrez por Idades

As vindeiras citas co xadrez no sur lucense serán o 9 de maio en Augavella, correspondente ao torneo Galicia Central, e o día 10 no Centro do Viño de Monforte, co Campionato Provincial

 

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

• A última fin de semana de abril disputouse no Casino de Chantada o Campionato Comarcal de Xadrez por Idades, dentro do programa escolar Xogade, promovido pola Xunta de Galicia. Según precisaron dende a organización, máis de 70 xadrecistas de Taboada, O Saviñao, Carballedo, Chantada e Monforte déronse cita na vila do Asma para tomar parte nesta competición, batendo un récord de participación nun comarcal do sur lucense. Os gañadores desta proba disputarán o Campionato Provincial de Xadrez, que se celebrará o 10 de maio no Centro do Viño de Monforte.

CLASIFICADOS PARA O PROVINCIAL

Según a clasificación provisional, disputarán o provincial en alevín feminino as xogadoras do Xadrezforte Sara Gegunde, Alicia Martínez e Teresa Olea (Colexio Novo); Alexandra Arias e Inés Quintana (Escolapios).Tamén se clasificaron no benxamín feminino de Carballedo Sara Fernández, Alba González, Aroa Novoa, Noa Vázquez, e Sanaa Bensoulah. Pola súa banda, do Xadrezforte benxamín masculino irán Jorge Olea, Gael Mariño, Daniel Blanco e Miguel Vega (Colexio Novo); Alejandro Díaz (A Gándara); e Yoel Rodríguez (Ferroviario).

Do Chantada alevín pasaron á fase provincial Pablo Fernández, Arturo Blanco, Marcos López e Ismael Otero. Da categoría infantil do Chantada clasificáronse Antón Pardo, Daría Pérez, Xabier Vázquez, e Teresa López. Por último, do Chantada cadete irán ao provincial Alejandro Fernández, Ana Doval, María Vázquez e Alberto Amarante.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

El Club Lemos posterga el campeonato al caer derrotado ante La Milagrosa

Seguinte Nova

A DEPUTACIÓN AMPLIOU AS AXUDAS AOS PRODUTORES DE LEITE

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss