O documental «Asolagados», finalista nun certame de cine en Texas

O filme chantadino proxectouse no 18º Cine Las Américas International Film Festival a mediados deste mes

Fotograma promocional do documental «Asolagados», dentro da programación do 18º Cine Las Américas International Film Festival, celebrado en Austin-Texas durante este mes de abril. (Foto cedida).

O documental «Asolagados», dos creadores chantadinos integrados no equipo «Coa auga ó pescozo», resultou finalista no 18º Cine Las Américas International Film Festival, celebrado ao longo do mes de abril na localidade norteamericana de Austin, no estado de Texas.

Este documental, dirixido polo chantadino David Vázquez, producido por Cristina López con guión de Afonso Eiré, entre outros colaboradores, narra o antes e o despois da xente dos pobos que foron asolagados polas augas do río Miño despois da construción do encoro de Belesar. Ademais de fermosas e impactantes imaxes, o documental «Asolagados» inclúe a testemuña de persoas que viviron nestas terras antes de que afundiran baixo as augas.

DIVERSOS RECOÑECEMENTOS

A mención de finalista neste certame en Texas súmase aos diversos recoñecementos que está a ter este documental. En marzo pasado, «Asolagados» foi premiado na sección competitiva do Ríos 3º Festival Internacional de Cine Documental e Transmedia. A principios de febreiro de 2015, o filme chantadino foi seleccionado no Berlin Underground Film Festival.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ribas de Sil dinamizará o verán cunha intensa programación cultural

Seguinte Nova

O IES Xograr Afonso de Sarria acolleu un taller de defensa persoal para mulleres

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: