O Partido Popular de Sarria concorre ás eleccións «coa ilusión de continuar un proxecto iniciado fai catro anos»

O cabeza de lista e actual alcalde, José Antonio García, alabou «a capacidade de traballo» do seu equipo, e lembrou que «logramos sacar a Sarria da quebra»

O cabeza de lista e actual alcalde de Sarria, José Antonio García, posa cos membros da súa candidatura, acompañados polo presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, e o secretario xeral en Lugo, José Manuel Balseiro.  (Foto cedida).
O cabeza de lista e actual alcalde de Sarria, José Antonio García, posa cos membros da súa candidatura, acompañados polo presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, e o secretario xeral en Lugo, José Manuel Balseiro. (Foto cedida).

• O alcalde de Sarria, José Antonio García, presentou aos membros da candidatura que encabeza ás eleccións municipais de maio. García estivo acompañado polo presidente provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, e polo secretario provincial en Lugo, José Manuel Balseiro, no acto de presentación da lista dos populares en Sarria.

BARREIRO: «SEGUIR CONTRIBUÍNDO A DINAMIZAR E DESENVOLVER A VILA DE SARRIA»

Na súa intervención, Barreiro destacou a «magnífica» lista coa que o PP concorre ás municipais. O presidente provincial do PP gabou o traballo levado a cabo polo equipo de José Antonio García, «que logrou sacar a Sarria do precipicio no que estaba inmerso». Barreiro animou aos populares sarriáns a «traballar para seguir contribuíndo na dinamización e desenvolvemento da vila».

JOSÉ ANTONIO GARCÍA: «MALIA O PLAN DE AXUSTE, FIXEMOS MÁIS CON MENOS«

Pola súa banda, o alcalde e candidato do PP resaltou o traballo levado a cabo polo seu equipo, ao que agradeceu «a súa excelente labor», e manifestou que concorren a estas eleccións «coa ilusión de continuar un proxecto iniciado fai catro anos».

José Antonio García lembrou tamén que cando chegaron ao Goberno «tivemos que facer fronte a unha herdanza que deixaron os anteriores executivos». «Logramos sacar a Sarria da quebra», afirmou García, quen fixo referencia ao plan de axuste aplicado e a que «malia a iso, fixemos máis con menos».

A LISTA DO PP DE SARRIA INTEGRA EDÍS DESTE MANDATO E PERSOAS NOVAS

Por último, o candidato popular á alcaldía de Sarria gabou «a capacidade de traballo» do seu equipo, e afirmou que «Sarria preséntase coa mellor lista, posto que a integran edís que formaron parte deste mandato e persoas novas, moi coñecedoras da vila e que aportarán iniciativas moi construtivas».

A lista do Partido Popular en Sarria está encabezada por José Antonio García López, actual rexedor da vila, ao que acompañan na súa candidatura Victoria Eugenia López Díaz, Manuel Valiña López, Manuel Sangil Iglesias, María Ana de Jesús Fernández Castro, Francisco José Pérez González, María Pilar López López, Luis Álvarez Rey, María de los Reyes González Rivera, María Teresa Limerez Darriba, Ismael Torres Balboa, Jaime Iñiguez Martínez, María Mar López Gómez, Olga López Rodríguez, Roberto Díaz López, Raquel Fernández García, e Eliseo López Paramo.

Ademais, como suplentes na lista dos populares figuran José Luis Maceda Arias, Patricia Fernández Núñez, e Juan Manuel Parada López.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP de Pantón presenta unha candidatura «con vocación municipalista, experiencia e xuventude»

Seguinte Nova

CONTINÚA A PROGRAMACIÓN CULTURAL DO CÍRCULO SAVIÑAO

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: