O PP de Pantón presenta unha candidatura «con vocación municipalista, experiencia e xuventude»

O candidato e actual alcalde, José Luis Álvarez, afirmou que seguirán «a traballar coa mesma ilusión polo municipio e polos seus vecinos»

José Luis Álvarez, alcalde de Pantón e candidato do PP ás municipais, posa cos membros da súa candidatura, acompañados polo presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro.  (Foto cedida).
José Luis Álvarez, alcalde de Pantón e candidato do PP ás municipais, posa cos membros da súa candidatura, acompañados polo presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro. (Foto cedida).

• O alcalde de Pantón e candidato do Partido Popular ás municipais do mes de maio, José Luis Álvarez Blanco, fixo pública a lista coa que busca renovar a alcaldía un mandato máis.

BARREIRO DESTACOU O TRABALLO E A LABOR DO EQUIPO DE ÁLVAREZ NESTES ANOS

Álvarez Blanco presentou a súa candidatura acompañado polo presidente provincial do PP, José Manuel Barreiro, quen afirmou que esta lista «reúne vocación, veteranía e mocidade», ademais de destacar «a capacidade de traballo e a labor feita polo equipo de Álvarez ao longo de todos estes anos».

ÁLVAREZ AGRADECEU O TRABALLO DO SEU EQUIPO NESTE MANDATO

Pola súa banda, José Luis Álvarez, alcalde e candidato do Partido Popular en Pantón, agradeceu o traballo do seu equipo neste mandato, e deixou claro que dende a agrupación local continuarán na liña emprendida ata o de agora, «traballar, coa mesma ilusión, polo municipio e polos seus veciños».

MEMBROS DA CANDIDATURA DO PP ÁS MUNICIPAIS EN PANTÓN

Acompañando ao cabeza de lista, José Luis Álvarez Blanco, actual alcalde de Pantón, a candidatura do Partido Popular está integrada por Tamara López Rodríguez, José Vázquez Presas, Manuel López Rodríguez, María Cristina Domínguez Vázquez, José Cesáreo Rodríguez Salgueiro, Roberto Eireos Sáez, José López Martínez, Manuel Quiroga Sartal, Ana González Palacio, e César Rodríguez Pedrido.

Como suplentes, a lista do PP en Pantón inclúe cinco nomes, que corresponden a Antonio Sánchez Somoza, David de la Fuente Rodríguez, José Manuel Vilariño Rodríguez, José Ramón Losada Fernández, e Juan Asensio Pedrido Rodríguez.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O IES Xograr Afonso de Sarria acolleu un taller de defensa persoal para mulleres

Seguinte Nova

O Partido Popular de Sarria concorre ás eleccións «coa ilusión de continuar un proxecto iniciado fai catro anos»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: