O PSOE aposta pola renovación na candidatura de Pantón con Pedro Rodríguez Palacio ao fronte

Este empresario, que concorre por primeira vez nunha lista electoral, agradeceu a confianza depositada no seu proxecto baseado «na necesidade de cambiar as cousas»

Pedro Rodríguez Palacio, candidato socialista á alcaldía de Pantón. (Foto cedida).
Pedro Rodríguez Palacio, candidato socialista á alcaldía de Pantón. (Foto cedida).

 

 

• Os socialistas de Pantón aprobaron este mes a Pedro Rodríguez Palacio como candidato á alcaldía para as eleccións municipais. Este empresario de 44 anos lidera a candidatura socialista que presenta unha renovación case absoluta.

Rodríguez Palacio explicou que «é unha lista con moita renovación, con xente nova e moi preparada, con moitas ganas de cambiar as cousas e mellorar o municipio, pero sempre apoiándonos en xente con moita experiencia, como os concelleiros saíntes do PSOE, que tamén están na nova lista».

Palacio agradeceu a confianza depositada no seu proxecto baseado «na necesidade de cambiar as cousas». «Presentámonos como unha oportunidade de cambio, unha alternativa ás políticas do PP que neste concello actúa baixo a desilusión, levando ao derrotismo», subliñou. O alcaldable socialista indicou que «fronte a un goberno do PP que non cre no futuro e que non plantexa nada, os socialistas apostamos por unha idea de goberno dinámica, coa vontade de facer cousas e desenvolver o municipio», tendo como «prioridade aos nosos veciños, polo que traballaremos para desenvolvendo políticas que sexan capaces de atender as súas necesidades». Ademais de Palacio, a lista está formada por Mario Sánchez San Emeterio, presidente do comité de empresa Balneario de Ferreira; Roberto Prado Díaz, funcionario; Ariadna López González, estudante; Antonio Blanco Rodríguez, operario forestal; Ramón Quiroga Rodríguez, autónomo; Victoria Magdalena López, enxeñeiro técnico agrícola; Camilo Vázquez Goyanes, empregado da construción; Jesús López Quiroga, empresario; Terri Anderson, xubilada; e Manuel Dacosta Ribera, empresario. Como suplentes, J. Antonio Soengas Vázquez, médico; Luis González Pérez, autónomo; e Egoitz de Arriba Castro, maquinista de TRAGSA.•

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

José Manuel Arias premia a capacidade de traballo do seu equipo en Bóveda e decántase por una lista continuista

Seguinte Nova

Xosé Lois Maceda aspira a continuar catro anos máis como alcalde de A Pobra do Brollón «para que o Concello siga estando ao servizo de todos os veciños»

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss