O Torneo Xadrez Chantada 2015 Galicia Central será o 9 de maio

As instalacións de Augavella, no polígono dos Acivros (xunto ao Parque de Bombeiros), acollerán o sábado 9 de maio o Torneo Xadrez Chantada 2015, segunda proba puntuable para o VIII Circuíto Galicia Central.

INSCRICIÓN ANTES DAS 22 HORAS DO 8 DE MAIO, POR TELÉFONO OU E-MAIL

A inscrición poderá realizarse no teléfono 670 599 301 ou no correo electrónico escueladeajedrezlalin@gmail.com ata as 22 horas do venres 8 de maio. A inscrición é gratuíta para menores de edad, e ten un prezo de 5 euros para adultos, e inclúe todo o circuíto.

CALENDARIO DA XORNADA

A sesión comezará ás 16,30 horas coa acreditación dos xogadores. As rondas iniciaranse ás 17,00 horas, cun descanso ás 18,40 horas. Logo da sexta e última ronda, ás 21,15 entregaranse os trofeos.

Este torneo está organizado polo Club Xadrez Chantada e a Escola de Xadrez Lalín, co patrocinio de Pontiñas CCO e Gadis, e a colaboración do Grupo Geriatros e Augavella.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cultura no Camiño programa espectáculos en catro concellos para maio

Seguinte Nova

Mini e Mero actúan o 2 de maio en Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: