Quiroga, capital da divulgación xeolóxica coa celebración do Geolodía o 9 de maio

O Geolodía de Quiroga é unha excursión gratuíta, de carácter divulgativo, para coñecer a riqueza xeolóxica da Serra do Courel O percorrido iniciarase no Museo Xeolóxico de Quiroga ás 9,30 horas

A xornada do Xeolodía iniciarase cunha visita guiada ao Museo Xeolóxico de Quiroga. (Arquivo EC).
A xornada do Xeolodía iniciarase cunha visita guiada ao Museo Xeolóxico de Quiroga. (Arquivo EC).

• O sábado 9 de maio, Quiroga convertirase na capital da divulgación xeolóxica ao acoller a celebración do Geolodía. Esta xornada lúdico-científica, organizada pola Sociedad Geológica de España, o Instituto Universitario de Xeoloxía e a Universidade de A Coruña, e coa colaboración do Concello de Quiroga, consistirá nunha excursión gratuíta e guiada para coñecer a riqueza xeolóxica da Serra do Courel.

DIVULGACIÓN XEOLÓXICA E SENSIBILIZACIÓN DOS CIDADÁNS

Según explicaron dende o Concello, esta excursión de campo será guiada por xeólogos, que ofrecerán datos rigurosos nun contexto divulgativo, axeitado para todo tipo de público. Dende a organización manifestaron que o obxectivo deste Geolodía é ver os distintos lugares da Serra do Courel «con ollos xeolóxicos», ao tempo que se trata de sensibilizar á poboación sobre a importancia e a necesidade de protexer o noso patrimonio xeolóxico.

ITINERARIO DO XEOLODÍA

O punto de encontro da excursión será o Museo Xeolóxico de Quiroga, o domingo 9 de maio entre as 9,30 e as 10,00 horas. A xornada comezará cunha visita a este Museo, único en Galicia polo seu contido. A continuación, o grupo sairá en autobús, para dirixirse aos principais puntos de interés: pliegue da Campodola, Val das Mouras, Mina da Toca, panorama da Devesa da Rogueira e Val de Visuña, Buraca das Choias en Visuña, os depósitos glaciares de A Seara, e explotacións pizarreiras en Pacios, co seu impacto ambiental e paisaxístico. A organización non prevé grandes caminatas, aínda que recomendan levar calzado resistente, adecuado para o campo, e chubasqueiro. Ademais, recomendan levar comida e auga, aínda que está previsto realizar unha parada técnica en Seoane. A excursión durará todo o día. Ao remate, o grupo regresará ao punto de saída, no Museo Xeolóxico de Quiroga.

Para máis información, poden chamar á Casa da Cultura no 982 435125, e as inscricións realizaranse no e-mail xeaurora@udc.es.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A artesanía quiroguesa, presente na mostra pop-up de Artesanía de Galicia en Compostela

Seguinte Nova

Critican que o PP rexeitara no Parlamento a proposta da Deputación de financiar o servizo de Hemodinámica 24 horas no HULA

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: