Ribas de Sil dinamizará o verán cunha intensa programación cultural

Dez espectáculos para todos os públicos encherán as tardes ao longo de xullo e agosto As actividades forman parte do programa Cultura no Camiño, que a Consellería de Cultura ofrecerá tamén noutros seis concellos do sur da provincia

O Anfiteatro da praia fluvial de San Clodio será o escenario dos actos lúdico-culturais programados para xullo e agosto. Arquivo EC.
O Anfiteatro da praia fluvial de San Clodio será o escenario dos actos lúdico-culturais programados para xullo e agosto. Arquivo EC.

O Concello de Ribas de Sil ofrecerá este verán unha intensa programación lúdico-cultural, que ofrece un total de 10 actuacións para todos os públicos. Os espectáculos, que se celebrarán no Anfiteatro da praia fluvial de San Clodio, forman parte do programa Cultura no Camiño, que a Consellería de Cultura levará tamén a outros seis concellos do sur lucense.

En xullo, o día 4 ás 22 horas Pepe Capelán representará a obra «Contos dun rapaz de aldea», e o día 5 será o turno da compañía de novo circo Pistacatro produtora de soños, co espectáculo «Manualidades», dende as 20 horas. Esta compañía voltará o día 12 ás 20 horas co número «Nono». O día 18, o Mago Deimi ofrecerá a actuación «Apren-Deimi», ás 22 horas. O teatro infantil voltará o día 19 ás oito da tarde, co «Conto para escoitar mentres bailamos un vals», da compañía A trastenda dos contos. O día 26, Pistacatro Produtora de Soños ofrecerá o espectáculo de novo circo «O autoestopista intergaláctico», ás oito.

PROGRAMA DE AGOSTO

Xa en agosto, o día primeiro Xan Veiga escenificará «Como cho conto», ás 22 horas, e ao día seguinte ás oito será o turno de Javier Muro, con «Fantaxía máxica». Alberte Montes actuará o día 22 co seu número «Alberte Contador», ás 22 horas. A programación rematará o día 30 ás oito coa sesión de teatro infantil «Contos de medo que deixan durmir», de A Trastenda de Contos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

•Onda Cero arrinca en Monforte no 91.8 FM conducida por Manola Porto

Seguinte Nova

O documental «Asolagados», finalista nun certame de cine en Texas

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: