•A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria vén de rexistrar un escrito diante da delegación territorial da Xunta en Lugo para pedir «responsabilidades penais» polo derribo «ilegal» da Ponte Ribeira. Na súa comunicación, os responsables desta Asociación consideran un «atentado ao Camiño de Santiago» a demolición desta ponte, dentro dos traballo de encauzamento do río Sarria, «visto o auto da Audiencia Provincial de Lugo que mantén a suspensión cautelar das obras» neste punto. A Asociación de Amigos do Camiño na Comarca de Sarria denunciaron «en reiteradas ocasións o incumprimento dalgúns Concellos do convenio firmado coa Xunta e o Xacobeo para conservación e mantemento por parte dos Concellos polos que discorreo Camiño Francés, empregando noutros traballos municipais o persoal adicado ó mantemento e conservación do Camiño».
Dende este colectivo piden que a Xustiza actúe tanto contra «os responsables do Concello de Sarria coma contra os da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, debido a que todas as obras, antes de iniciarse, teñen que contar con todos os permisos», e neste caso non contan cos de Patrimonio.
Por último, esta Asociación pide á Xunta e á S.A.Xestión Xacobeo «que se retiren todas as axudas aos Concellos que non cumpran os convenios firmados para a conservación e mantemento do Camiño Francés». «Estamos a recibir queixas de peregrinos e asociacións pola falta de limpeza e sinalización do Camiño, e polos horarios das Oficinas de Turismo, que non se axeitan á demanda dos peregrinos».•
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre