A candidatura Por Chantada “pretende ser a da participación democrática directa, co fin de asegurar un futuro próspero para esta vila”

Antón Fente Parada e os membros da candidatura Por Chantada nas municipais do 24 de maio. (Foto cedida).
Antón Fente Parada e os membros da candidatura Por Chantada nas municipais do 24 de maio. (Foto cedida).

 

• Iniciativa por Chantada presentou o pasado 2 de maio a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais. Co nome de Por Chantada, esta candidatura “pretende ser a da participación democrática directa, co obxectivo de asegurar un futuro próspero para Chantada e os seus habitantes”, amosándose “totalmente dispostos a recibir calquera tipo de axuda ou idea chegada desde a xente do común”.

“FREAR O DESPOBOAMENTO E A FALTA DE OPORTUNIDADES”
Logo da presentación, tivo lugar unha asemblea aberta onde se deu a coñecer o programa electoral, e contouse coas propostas achegadas polos alí presentes. Na xuntanza, anunciouse a apertura dunha conta bancaria para, “de maneira totalmente voluntaria e segundo as posibilidades de cadaquén, poder recadar fondos para a elaboración de propaganda electoral”.
A candidatura de Por Chantada está liderada por Antón Fente Parada, un mozo chantadino licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, nunha lista na que destaca “a xuventude da inmensa maioría dos candidatos, que malia a complicada situación actual, na que o desemprego ou a marcha cara outros lugares por motivos laborais ou de estudo, decidiron implicarse politicamente”. Como obxectivos prioritarios, está acabar co despoboamento ou a falta de traballo e oportunidades para a poboación máis nova.
Acompañando a Antón Fente, están Nerea Noguerol Barrenetxea, Ilda Mera Bayón, Rafael Lobelle González, Sabela Susan López Guravich, Diego Rodríguez Ledo, Manuel Vázquez Fernández, Silvia González López, María Luz Fernández Rodríguez, Castor Fernández Rodríguez, José Ángel Eire Vázquez, Mª Teresa Álvarez Rodríguez, e Xosé Álvarez Bugallo. Como suplente, está Roberto Fiunte Lobelle.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O alcaldable socialista José Tomé garante unha colaboración “estable e continuada no tempo” co comercio monfortino

Seguinte Nova

Guitián traballará “para asentar poboación e crear emprego en Sober”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: