• A Xunta de Goberno da Deputación aprobou o 8 de maio a concesión de Augas Mestas, por un período de 25 anos, para a súa apertura este mesmo mes. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que “este é un exemplo máis de recuperación e posta en valor do patrimonio provincial, pois Augas Mestas levaba máis de 10 anos sen actividade e agora dáselle un verdadeiro uso público, ao tempo que se ofrece unha solución longa no tempo”. Na actualidade, a Deputación exectuta obras de reforma en Augas Mestas co fin de adaptar o complexo á normativa vixente en accesibilidade e prevención de incendios, e para dotalo de maior seguridade con novos medios tecnolóxicos. Martínez explicou que estas obras fináncianse con fondos europeos. As edificacións, que se extenden por case 10 hectáreas, inclúen o edificio principal, coa cafetería e os vestiarios; 2 piscinas, zona de acampada, onde se recupera o edificio de recepción, as parcelas e os 4 bungalows de madeira; e outras 3 edificacións de aloxamento para o inverno.
Deste xeito, según Martínez, “Augas Mestas súmase á listaxe de inmobles postos en valor na provincia”. O voceiro socialista lembrou que a Deputación tamén recuperou a Gardería do Campus, onde o colectivo Raiolas situará o primeiro centro de formación na provincia para maiores de 16 anos con autismo. Martínez sumou tamén a esta xestión a cesión do antigo hospital San José a ASPNAIS, onde esta asociación dará máis servizos para persoas con discapacidade intelectual; e a transformación do Pazo de Tor nun centro público de promoción económica do rural.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, acompañado do delegado territorial da Xunta en
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou en Pantón a pegada que está a
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou xunto coa directora
• A través dunha proposición non de lei do Grupo Popular que tamén solicita a reactivación