• A Xunta de Goberno da Deputación aprobou o 8 de maio a concesión de Augas Mestas, por un período de 25 anos, para a súa apertura este mesmo mes. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que “este é un exemplo máis de recuperación e posta en valor do patrimonio provincial, pois Augas Mestas levaba máis de 10 anos sen actividade e agora dáselle un verdadeiro uso público, ao tempo que se ofrece unha solución longa no tempo”. Na actualidade, a Deputación exectuta obras de reforma en Augas Mestas co fin de adaptar o complexo á normativa vixente en accesibilidade e prevención de incendios, e para dotalo de maior seguridade con novos medios tecnolóxicos. Martínez explicou que estas obras fináncianse con fondos europeos. As edificacións, que se extenden por case 10 hectáreas, inclúen o edificio principal, coa cafetería e os vestiarios; 2 piscinas, zona de acampada, onde se recupera o edificio de recepción, as parcelas e os 4 bungalows de madeira; e outras 3 edificacións de aloxamento para o inverno.
Deste xeito, según Martínez, “Augas Mestas súmase á listaxe de inmobles postos en valor na provincia”. O voceiro socialista lembrou que a Deputación tamén recuperou a Gardería do Campus, onde o colectivo Raiolas situará o primeiro centro de formación na provincia para maiores de 16 anos con autismo. Martínez sumou tamén a esta xestión a cesión do antigo hospital San José a ASPNAIS, onde esta asociación dará máis servizos para persoas con discapacidade intelectual; e a transformación do Pazo de Tor nun centro público de promoción económica do rural.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€
O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de presentar nunha rolda de prensa o anteproxecto
A Xunta de Galicia anunciou que, nas próximas semanas, iniciarán as obras de restauración do claustro