A Deputación creará un banco de vivendas deshabitadas

•En resposta ás peticións veciñais nos Orzamentos Participativos

• O 8 de maio, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou un convenio, asinado por Deputación e Asociación de Empresarios da Construción de Lugo, para crear o primeiro banco de vivendas abandonadas da provincia. Esta é unha das medidas que a Deputación ten que executar este ano, posto que dá resposta a unha das cuestións máis demandadas polos veciños nos Orzamentos participativos, como é o impulso da rendabilidade do medio rural e do sector primario para crear emprego e atallar o despoboamento fixando poboación no rural.
Según explicaron os responsables provinciais, este convenio permitirá dar o primeiro paso para a creación de dito banco, coa realización dun estudo das vivendas abandonadas na provincia para determinar o seu número, onde se sitúan e, especialmente, cales son as causas dese abandono e corrixilas. Estes datos permitirán desenvolver estratexias e programas específicos.
Este convenio fomentará tamén a actividade empresarial e a xeración de emprego na industria da construción, reorientándoa cara a rehabilitación enerxética e sostible, a través do Programa de Impulso da Rehabilitación Enerxética e Sostible na provincia de Lugo.
O convenio busca tamén ofrecer formación aos traballadores do sector para actualizar as súas competencias profesionais. Asimesmo, poranse en marcha campañas para amosar a cidadáns e profesionais as vantaxes da eficiencia enerxética nos fogares.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pequenos grandes artistas na Biblioteca de Chantada

Seguinte Nova

Baixa o paro en abril nas comarcas de Chantada, Lemos e Sarria

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss