A Pobra do Brollón continuará un ano máis co programa Conciénciate

•O programa quere potenciar o equilibrio territorial e o benestar dos maiores •A Vicepresidencia da Deputación financia este programa cun investimento de 62.000 euros

Imaxe de arquivo dunha das actividades integradas na pasada edición do programa Conciénciate, desenvolvido nas parroquias do municipio de A Pobra do Brollón.  (Arquivo EC).
Imaxe de arquivo dunha das actividades integradas na pasada edición do programa Conciénciate, desenvolvido nas parroquias do municipio de A Pobra do Brollón. (Arquivo EC).

 

• O programa Conciénciate continuará a desenvolverse no municipio de A Pobra do Brollón un ano máis. Así o anunciou o vicepresidente da Deputación e responsable da Área de Benestar, Antonio Veiga, a comezos deste mes, quen precisou que este departamento provincial vai destinar 62.000 euros para financiar este programa.

Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da Área de Benestar. (Arquivo EC).
Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable da Área de Benestar. (Arquivo EC).

 

ELEVADO ÍNDICE DE AVELLENTAMENTO NO SUR DE LUGO
Según explicou Veiga, os obxectivos do programa Conciénciate, que acadará este ano a súa cuarta edición, son potenciar o equilibro territorial e o benestar dos maiores da comarca do sur de Lugo. “Estas iniciativas son moi importantes no sur lucense”, salientou o vicepresidente provincial, “xa que esta zona caracterízase polo elevado índice de avellentamento, cun 70% da poboación por riba dos 65 anos”.Antonio Veiga insistiu en que “é xusto a partir desa idade cando se precisan máis servizos, que a Xunta non presta polos recortes do PP, e que os usuarios e usuarias non poden pagar polas súas xubilacións, que son máis baixas en Galiza que no resto do Estado”.

ESTIMULACIÓN PSICOMOTRIZ E SOCIALIZACIÓN
O programa Conciénciate ofrece aos maiores un abano de actividades variadas, como talleres de manualidades ou obradoiros de memoria, ao longo de todo o ano, para non só estimular as súas habilidades e facultades cognitivas, senón tamén evitar o seu illamento, incentivado pola dispersión poboacional e a ausencia de actividades sociais.

OUTRAS INICIATIVAS
O vicepresidente da Deputación tamén lembrou outras iniciativas, como o programa Mo-vémonos, que remata o 15 de xuño, e que trata de achegar a práctica de exercicio físico a toda a poboación, ao tempo que fomenta a interrelación. Preto de 100 asociacións de toda a provincia participan neste programa, dirixido a colectivos de persoas maiores, asociacións de carácter social e asociacións de veciños de concellos de menos de 5.000 habitantes. Baixo o lema Ximnasia no Rural, Deporte para todos e todas, a Vicepresidencia da Deputación puxo en marcha en setembro este programa, que leva ximnasia dúas veces por semana a un cento de asociacións e colectivos sociais de toda a provincia, favorecendo a actividade física e a interrelación social de máis de 2.000 persoas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Critican que o PP rexeitara no Parlamento a proposta da Deputación de financiar o servizo de Hemodinámica 24 horas no HULA

Seguinte Nova

Paisaxística rusa no Centro Sociocultural de Ferreira

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: