• A monfortina Noelia Sánchez, xogadora do Naturhouse Cidade de Logroño, vén de acadar a comezos de maio o título da Superliga. Según informaron dende a Federación Galega de Voleibol, Sánchez consigue con este triunfo «engrosar o seu xa dilatado currículo repleto de títulos e éxitos deportivos». A monfortina foi capital para a victoria do seu equipo na final contra o GH Leadernet Navarcable no terceiro partido da fase final, en perfecta combinación coa súa compañeira, a tamén galega Helia González, que acadou o balón dorado como MVP da fase final da competición.•