As ximnastas sarrianas coparon os postos do Campionato Provincial

• As xoves ximnastas de Sarria acadaron un excelente resultado no Campionato Provincial Escolar celebrado en Viveiro a comezos deste mes, copando os podios desta proba, clasificatoria para o Campionato Galego.

PREBENXAMÍNS DE AIXA, CAMPIONAS PROVINCIAIS
Por unha banda, as prebenxamíns da Asociación Deportiva Aixa, Fabia, Xana, Antía, Katherine e Isaura proclamáronse campionas provinciais, e as cadetes da Escola de Ximnasia Quicela, Elena, Saray, María e Lucía acadaron o segundo posto. Ambos equipos garantiron así a súa presencia no Campionato Galego, que se celebrará o 31 de maio en Santiago.

CATRO PODIOS PROVINCIAIS PARA AS XIMNASTAS DO CLUBE XIRANDELA
Asimesmo, as deportistas do Clube Xirandela cumpliron cun excelente campionato provincial, acadando o ouro na categoría benxamín e alevín, e o bronce en infantil. Pola súa banda, o conxunto cadete conseguiu o segundo posto na proba de Promoción. Estes resultados sitúan á ximnasia rítmica de Sarria con opcións no máximo nivel de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Augas Santas acollerá en outubro a final do V Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia

Seguinte Nova

A Deputación aproba a concesión de Augas Mestas para a súa apertura este mesmo mes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss