• As instalacións do Oca Augas Santas Balneario Golf Resort de Pantón serán a sede, un ano máis, da final do V Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia.
CIRCUÍTO POR SEIS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
Esta proba arrincou o pasado 12 de maio na localidade navarra de Ulzama, nun circuíto que percorrerá seis comunidades autónomas, e que culminará en Pantón, coa celebración das probas finais do 6 ao 9 de outubro. Logo da saída en Navarra, o V Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia continuará no Real Club de Golf de San Sebastián o 28 de maio, o 3 de xuño no Retamares Casino Club de Golf de Madrid, o 9 de xullo no Club de Golf de Pedreña en Cantabria, e o 16 de xullo no Real Club La Barganiza, en Asturias.
ARREDOR DE 500 PARTICIPANTES NESTA QUINTA EDICIÓN
A quinta edición do Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia, destinado a homes de máis de 55 anos e mulleres de máis de 50, desenvolveranse pola modalidade de stableford scratch e handicap individual e os xogadores que queiran participar deberán ter o cartón federativo en vigor na data da celebración da competición cun límite de hándicap de xogo de 26,4, para homes, e 36,4 para mulleres.
Según explicaron dende a organización, está previsto que participen neste circuíto preto de 500 golfistas.
PRÓXIMAS COMPETICIÓNS NO CAMPO DE GOLF DE AUGAS SANTAS
As instalacións de Pantón acollen un intenso calendario de competicións, cuxa vindeira cita será o 23 e 24 de maio coa celebración do III Interclubes Augas Santas vs. Río Cabe. Esta proba aberta disputarase na modalidade stableford handicap a 36 hoyos, 18 en Augas Santas na xornada do sábado 23, e outros 28 no Río Cabe o domingo. Por outra banda, o sábado 30 de maio está prevista a celebración do VII Torneo Feira do Viño de Pantón, na modalidade individual stableford handicap.•