Baixa o paro en abril nas comarcas de Chantada, Lemos e Sarria

•O descenso máis significativo foi o da comarca sarriana, cun 4,46% menos de paro respecto a marzo •Na comarca de Lemos o paro baixou un 3,71%, e na de Chantada un 3,21% •No conxunto da provincia, a baixada foi do 3,54%

O mes de abril rexistrou boas cifras de emprego no sur de Lugo, con baixadas do paro en todas as comarcas agás Quiroga.  EC.
O mes de abril rexistrou boas cifras de emprego no sur de Lugo, con baixadas do paro en todas as comarcas agás Quiroga. EC.

 

• O mes de abril rexistrou boas cifras de emprego no sur de Lugo respecto a marzo, cunha caída do paro en todas as comarcas agás Quiroga.

DATOS POR COMARCA E PROVINCIA
O descenso máis significativo no número de desempregados contabilizouse na comarca de Sarria, cun 4,46% menos de parados respecto a marzo, contabilizando 1.561 desempregados. A continuación, situouse o descenso do paro na comarca de Lemos, cunha baixada do 3,71%, e 2.305 desempregados en total. Na comarca de Chantada, o paro descendeu un 3,21%, para situarse nos 842 desempregados. Por contra, a comarca de Quiroga rexistrou un débil aumento na taxa de desemprego, cunha subida en abril do 0,46%, cun total de 430 parados rexistrados.
En canto á provincia, Lugo contabilizou a terceira baixada do paro en Galicia, cun 3,54% parados menos que en marzo, e unha cifra total de desempregados de 24.039 a finais de abril.
LEVE AUMENTO DO PARO EN 5 MUNICIPIOS DO SUR LUCENSE
Os datos por municipios rexistran un descenso xeralizado do desemprego, agás no Concello de Quiroga, onde se mantén a cifra de 287 parados, situación que tamén se dá en O Páramo, que sigue con 56 desempregados. Só se rexistrou un aumento do paro en Folgoso do Courel, cun 1,8% máis (55 en total); en Ribas de Sil, cunha suba do 1,14% (88 parados en total); en O Saviñao, con 2,05% parados máis (248 en total); en Sober, cun 3,84% máis de paro (125 desempregados en total); e por último en Bóveda, con 1,23% máis de paro (82 parados ao remate de abril).

A MEIRANDE PARTE DOS CONCELLOS REXISTRARON CAÍDAS DO PARO
As mellores porcentaxes déronse no mes de abril no municipio de Monforte, onde a taxa de paro baixou un 5,39% respecto a marzo, contabilizando 1.560 parados. Pola súa banda, o concello de Sarria rexistrou unha caída do paro do 3,45%, situando o número final de parados en abril en 1.091persoas. Asimesmo, o municipio de Chantada contabilizou 576 desempregados, o que supón un descenso do 3,03% no número de parados.

UGT-LEMOS ALERTA CONTRA A PRECARIEDADE DO EMPREGO
O sindicato UGT-Lemos fixo unha valoración dos datos do paro nas comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, criticando que a afiliación á Seguridade Social está «moi lonxe da que tiñamos antes da crise». O secretario xeral de UGT-Lemos Mario Docasar, lembrou que a afiliación sitúase nestas comarcas nun 1,9% respecto ao mes anterior, e nun 9,4% respecto ao ano. Asimesmo, Docasar alertou de que «cada vez hai máis parados en situación de exclusión social», dado que só cobran prestación un 55%, «mentres que en 2013 a porcentaxe era do 64%». Dende UGT-Lemos criticaron tamén que só o 49% dos contratos son a tempo completo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Deputación creará un banco de vivendas deshabitadas

Seguinte Nova

O web do servizo de Cardioloxía do Hula recibe o Premio #INLugo, na categoría de Educación e Formación

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss