Carmen Álvarez estréase como candidata do PSdeG-PSOE en Folgoso do Courel cunha candidatura renovada

A candidata á alcaldía de Folgoso do Courel polo PSdeG-PSOE, Carmen Álvarez, posa cos membros da súa candidatura. (Foto cedida).
A candidata á alcaldía de Folgoso do Courel polo PSdeG-PSOE, Carmen Álvarez, posa cos membros da súa candidatura. (Foto cedida).

 

• A agrupación socialista de Folgoso do Courel vén de apostar por Carmen Álvarez para liderar a candidatura coa que o PSdeG deste municipio concorrerá ás eleccións municipais. Según explicaron na presentación da candidatura, trátase dunha lista formada por 11 integrantes, «e profundamente renovada, nun 70%, pero que contará tamén coa experiencia dos máis veteranos».
Álvarez anunciou que os principais eixos de actuación do seu goberno «atenderán ás principais demandas e necesidades da cidadanía co obxectivo de acabar co despoboamento que está a sufrir o concello». Así, o programa de Álvarez inclúe en primeiro lugar o fomento do emprego e a consolidación de empresas no municipio, polo que apostarán pola potenciación dos sectores estratéxicos para o concello, como é a castaña ou o mel.
En segundo lugar, darán prioridade ao aproveitamento dos recursos que ofrece a Historia, a natureza ou a paisaxe, para mellorar a economía local. En terceiro lugar, atenderán á mellora dos servizos á cidadanía, «co fin de mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas mellorando as comunicacións, a atención sanitaria, ou a atención aos nosos maiores”.
Para a alcaldable socialista, “os que mandan no concello teñen que ser os veciños e non os alcaldes”. A súa candidatura aposta por “escoitar unha a unha as súas necesidades e preocupacións para tratar de darlles a mellor solución posible”.
A candidatura socialista de Folgoso do Courel está encabezada por Carmen Álvarez Álvarez, acompañada por Rosa María Potau Arza, José Rodríguez Arza, Eliseo Arias Lago, María Gloria Sanmartín Romero,Jessica Jato López, Aránzazu Rodríguez Méndez, Víctor Manuel Rodríguez Gómez, e José Luis Martínez Gancedo.
Como suplentes, están Emilia Balo Rodríguez, e Domingo López Carrete.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Mato presenta en Paradela unha candidatura «asentada e continuista froito da acreditada experiencia»

Seguinte Nova

1.200 lucenses maiores de 50 anos poderán participar na 5ª edición do programa Termalismo no Camiño

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: