Comendo e falando en alemán e italiano

•Alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Monforte mellora a súa competencia nestas linguas con obradoiros de cociña e conversas con nativos residentes na comarca

• Nada mellor para aprender un idioma que entrar ata a cociña do país e, se é posible, falar e comer con nativos. Sobre este principio, a Escola Oficial de Idiomas de Monforte propuxo ao seu alumnado diversas experiencias lúdicas e culturais que lles permiten mellorar as súas competencias lingüísticas no idioma estudiado dun xeito dinámico e divertido.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

CONFERENCIA-LABORATORIO DE COCIÑA ITALIANA
O pasado 23 de abril, o Departamento de Italiano da Escola de Idiomas organizou unha conferencia-laboratorio sobre cociña italiana, impartida por Chiara Maria Lazzaretto, e dirixida aos alumnos e alumnas que estudian a lingua de Dante. Durante a sesión, os estudiantes puideron participar na preparación de platos típicos de Italia que non precisan cocción. Por último, degustaron as receitas elaboradas e comentaron, por suposto en italiano, a súa valoración do resultado.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

EXCURSIÓN RURAL EN ALEMÁN
Tamén o día 23 do mes pasado, o Departamento de Alemán da Escola de Idiomas de Monforte organizou para os alumnos e alumnas desta lingua unha excursión á Casa das Flores, situada na parroquia soberina de Mer, e que está rexentada por unha familia alemá. Na xornada, os estudiantes participaron por unhas horas dunha experiencia de inmersión lingüística no idioma de Goethe, tomando parte en actividades cotiás. A través dun obradoiro de cociña típica alemá, os estudiantes coñeceron a receita e o sabor do afamado pastel de ruibarbo, e disfrutaron dunha visita guiada polo precioso xardín desta finca.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Consorcio de Turismo ensina a Ribeira Sacra ao persoal de turismo e hostelería ourensá

Seguinte Nova

Ribas de Sil celebra a XIII Festa da Cereixa e do Aceite o 30 e 31 de maio

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss