Critican que o PP rexeitara no Parlamento a proposta da Deputación de financiar o servizo de Hemodinámica 24 horas no HULA

•A deputada socialista Concepción Burgo denunciou que “o servizo do HULA está aberto 35 horas á semana e 133 horas pechado, o 60% dos casos de infarto teñen que ser atendidos na Coruña”

A deputada autonómica do Grupo Socialista, Concepción Burgo, durante a súa intervención no Parlamento galego. (Foto cedida).
A deputada autonómica do Grupo Socialista, Concepción Burgo, durante a súa intervención no Parlamento galego. (Foto cedida).

 

• Os socialistas lucenses veñen de denunciar que no Pleno do Parlamento de Galicia, celebrado o 29 de abril, o Partido Popular rexeitara unha proposición non de lei dos socialistas galegos na que instaban ao Goberno galego a aceptar o ofrecemento da Deputación de Lugo, formalizada a través do seu presidente, José Ramón Gómez Besteiro, de que sexa a institución provincial a que financie o servizo hemodinámica 24 horas no Hospital de Lugo (HULA).

BURGO: “A INACCIÓN DA CONSELLERÍA É ALARMANTE”
A raíz desta situación, a deputada socialista, Concepción Burgo, criticou que “a inacción e a negativa da conselleira de Sanidade e de Feijóo son alarmantes cando falamos da saúde das persoas”, e fixo referencia ás demandas de colectivos veciñais, sindicatos, partidos políticos e cidadáns de Lugo. A deputada lucense alertou de que “o servizo de Hemodinámica no HULA está aberto 35 horas á semana e 133 horas pechado, o 60% dos casos de infarto teñen que ser atendidos na Coruña, e os datos do INE reflicten que en Lugo 76 de cada 100.000 falecementos son por infarto, o dobre da media española”.
A deputada socialista lamentou que “mentres o PP dá explicacións falsas os lucenses morren. Burgo criticou que os populares “impiden que a Deputación aporte os 100.000 euros ao ano necesarios para ter aberto o servizo as 24 horas, e din non a esta posibilidade por intereses escuros”. “Feijóo e o PP non só demostran que non poñen os servizos necesarios para a sanidade luguesa, senón que están impedindo que estos estean no HULA agora que hai a posibilidade orzamentaria real de poñelos en marcha”, engadiu Burgo.
A socialista lamentou a “insensibilidade e irresponsabilidade de Feijóo cos lucenses, ao incumprir as promesas reiteradas”, e instoulle a “deixar de mentir ao afirmar que os especialistas non recomendan o servizo de Hemodinámica 24 horas”. Burgo advertiu que “os socialistas galegos e os veciños de Lugo vamos a seguir loitando polos nosos dereitos”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Quiroga, capital da divulgación xeolóxica coa celebración do Geolodía o 9 de maio

Seguinte Nova

A Pobra do Brollón continuará un ano máis co programa Conciénciate

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss