•A escocesa Michelle Thomson, gañadora desta importante competición •Gran nivel e intensa emoción nas tres xornadas deportivas que se disputaron en Pantón do 29 de abril ao 1 de maio •Un total de 108 xoves promesas do golf feminino mundial tomaron parte na proba celebrada en Augas Santas

• As instalacións de golf de Augas Santas acolleron unha nova edición do International Ladies Open de Golf, que este ano se presentaba baixo a etiqueta de Ribeira Sacra Patrimonio de la Humanidad. Un total de 108 xoves promesas do golf feminino mundial déronse cita en Pantón para disputar esta importante proba, que tivo como gañadora á escocesa Michelle Thomson. O alto nivel da competición quedou claro nas tres xornadas celebradas entre o 29 de abril e o 1 de maio, e nas que as deportistas españolas demostraron un alto nivel de xogo e competitividade.

AS XOVES PROMESAS DO GOLF ESPAÑOL AMOSARON UN GRAN NIVEL
Precisamente, unha española, a balear Luna Sobrón, brillou nas dúas primeiras xornadas liderando a competición, que completou cunha segunda plaza compartida coas nacionais María Palacios, xogadora profesional, e Natalia Escuriola, tamén amateur como Sobrón.
Pola súa banda, Escuriola, unha das amateurs de maior calidade no Ranking Nacional e Europeo, acadou o premio especial para a mellor amateur clasificada no torneo, en dura pugna con Sobrón, á que superou cunha última mellor volta.
Ademais, outras españolas conseguiron posicións destacadas, como o sexto posto de Virginia Beautell, a décima posición de Carmen Alonso, o duodécimo lugar de Virginia Espejo, ou a decimosexta praza de Piti Martínez Bernal.
THOMSON, A GRAN TRIUNFADORA DA PROBA DE AUGAS SANTAS: “ENCANTOUME O TORNEO, DISFRUTEI MOITO AQUÍ”
Pola súa banda, a triunfadora absoluta, a escocesa Michelle Thomson, marchou moi satisfeita da súa experiencia en Pantón. “Disfrutei moito a semana aquí en Galicia e no hotel, foi fantástico e síntome moi contenta, encantoume o torneo”. Sobre o seu futuro inmediato en competición, Thomson suliñou que esta tempada vaise centrar no LET Access, circuíto ao que pertence a proba disputada en Pantón, e cualificou de “moi importante” a victora acadada na Ribeira Sacra.•