• Javier González presentou a lista coa que o PSdeG-PSOE concurre ás municipais en A Pobra do Brollón. González destacou que con esta candidatura “conseguiremos situar ao noso concello nun dos referentes da Ribeira Sacra”. O alcaldable socialista cualificou o seu programa como “ambicioso pero realista e, sobre todo, axustado á realidade do noso municipio, que é garantir unha mellor atención aos maiores, fortalecer o campo e aproveitar os recursos que ofrece o Camiño de Inverno”. As súas principais propostas son a creación dunha residencia da terceira idade, “xa que as nosas aldeas están quedando sen xente e, a que queda, supera amplamente os 65 anos”. Un segundo obxectivo sería a creación dunha cooperativa municipal de traballos agrogandeiros e forestais “para crear emprego nestes sectores tan arraigados no noso municipio”. Melloraríase a antiga Cámara Agraria “para convertela nun centro de servizos e información do rural”. Para potenciar o Camiño de Inverno, González inclúe a construción dun albergue municipal para os peregrinos, así como a creación un Espazo Natural de Interese Local en Cova da Choias, nas Adegas de Vilachá ou en San Vitorio.
CANDIDATURA
A candidatura encabezada por Javier González González está integrada ademais por Mª José Enríquez Rodríguez, Javier Quiroga Castro, Carmen Gallego López, Tamara Rodríguez Pérez, Celestino Fuente Martínez, Mª Montserrat Macía Quiroga, Javier Maceda Rodríguez, e Adoración Fernández González. De suplentes están Niguez Parada Sánchez e José Franco Castro.•