Medela aposta pola mocidade para liderar o proxecto do Partido Popular en Chantada

• O candidato do PP á alcaldía chantadina adiantou que o seu equipo “intentará convencer con razóns, prometendo traballo, ilusión e seriedade para facer unha boa xestión fronte ao populismo”

Os integrantes da candidatura do Partido Popular á alcaldía de Chantada, liderados por Javier Rodríguez Medela, na presentación da lista electoral, acompañados polo presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro. (Foto cedida).
Os integrantes da candidatura do Partido Popular á alcaldía de Chantada, liderados por Javier Rodríguez Medela, na presentación da lista electoral, acompañados polo presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro. (Foto cedida).

 

• A finais de abril, o presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, presentou en Chantada a candidatura ás municipais de maio, que encabeza Javier Rodríguez Medela. Barreiro sinalou que a lista chantadina contén “unha clara aposta pola xuventude”, e destacou “a implicación da mocidade neste proxecto”. Neste sentido, o presidente dos populares lucenses resaltou o feito de que a candidatura chantadina estea formada por persoas de menos de corenta anos. “Os mozos non lle deben ter medo á política porque a política é solventar os problemas que lle plantea a súa convivencia colectiva”, afirmou Barreiro.

MEDELA: “O PROGRAMA DEBE CONTAR COAS DEMANDAS DOS VECIÑOS DE CHANTADA”
Pola súa banda, o candidato do PP á alcaldía de Chantada, Javier Rodríguez Medela, agradeceu a confianza da dirección provincial na súa persoa para liderar este proxecto, e afirmou que se encontra “capacitado e con moitas ganas de levar a cabo este acometido”. “Con moita ilusión, e sobre todo co máis importante: co voso ánimo e respaldo”, suliñou Medela.
O candidato popular á alcaldía de Chantada manifestou que o seu equipo parte de tres obxetivos, “que os veciños sintan o Concello como propio, que os cidadáns sintan o respaldo do Concello, e que o Concello non poña trabas, senón todo o contrario, para buscar a súa implicación e complicidade”.
Medela destacou que o PP de Chantada basearase “no debate interno, nas diferentes opinións, na discrepancia, nos diferentes puntos de vista, pero sobre todo, no consenso”. “Crearemos áreas e equipos de traballo, onde todo o mundo participe, tratando de involucrar e facer cómplice cada vez a máis xente, porque entendemos que un programa debe conter non só as nosas propostas, senón tamén as demandas dos veciños de Chantada”, precisou o alcaldable.

CANDIDATURA DO PP DE CHANTADA
A lista coa que o Partido Popular concurrirá ás eleccións municipais en Chantada está encabezada por Francisco Javier Rodríguez Medela, acompañado por Manuel Javier Goyanes Cereijo, María José Vázquez Fernández, Cristina Porral Sampayo, Luis Fernández Francisco, Verónica Prado Diéguez, Jorge Sánchez Pardo, Araceli Otero Varela, Rodrigo Amarante López, Diego López Rodríguez, Dina Fente Fernández, Raquel López Vázquez, e Juan Carlos Blanco Rodríguez.
Como suplentes, completan a candidatura do PP chantadino Lucía Janeiro Calvo, José Blanco Gómez, e Ángel Antonio Blanco Rodríguez.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

As candidaturas enfilan a recta final para as eleccións municipais do 24 de maio

Seguinte Nova

Javier González lidera a lista do PSdeG-PSOE ás municipais en A Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: