•Seis deportistas monfortinos participaron na sesión de adestramento impartidas para todos os clubes lucense por Juan Fernández, bicampión de España de taekwondo de combate
• O Club Neka de Monforte continúa coa súa axenda de traballo, que nestes días estase a reforzar coa preparación para o Campionato de España. Ademais dos adestramentos ordinarios, o clube monfortino sigue a tomar parte nos diversos cursos de tecnificación deportiva que se celebran en diversos puntos de Galicia.
MÁIS FORMACIÓN
Así, o pasado 9 de maio, un grupo de seis deportistas do Neka, integrado por José Roca, Alejandro Fernández, Saúl Martínez, Marco García, Carlos Fernández e Junior Martínez, desprazáronse ata Begonte, acompañados polo seu adestrador, José Mª Vega, para asistir ao curso de tecnificación deportiva impartido por Juan Fernández, bicampión de España de taekwondo de combate. A xornada, que se desenvolveu nun bo ambiente de confraternidade e traballo, estivo dirixida a todos os clubes lucenses.
Juan Fernández visitará Monforte o día 24 deste mes, para impartir un curso de tecnificación deportiva nas instalacións do Gimnasio Neka.•