O Consorcio de Turismo ensina a Ribeira Sacra ao persoal de turismo e hostelería ourensá

•Organizaron unha excursión para recepcionistas e persoal de información dos establecementos hoteleiros de entrada á Ribeira Sacra

Imaxe do primeiro “fam-trip” organizado o día 8 polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra participaron 25 recepcionistas de establecementos de Ourense, Allariz e zona de Arnoia, así como persoal de información da Oficina de Turismo de Ourense.(Foto cedida).
Imaxe do primeiro “fam-trip” organizado o día 8 polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra participaron 25 recepcionistas de establecementos de Ourense, Allariz e zona de Arnoia, así como persoal de información da Oficina de Turismo de Ourense.(Foto cedida).

 

• O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra vén de poñer en marcha un novo sistema de promoción turística da zona, baseado na mellora da información que sobre este territorio ten o persoal que traballa nos establecementos hoteleiros de entrada á Ribeira Sacra.

OFRECER INFORMACIÓN MÁIS EXACTA DOS ACCESOS Á RIBEIRA SACRA
Para poder guiar mellor aos visitantes que se hospedan nos seus establecementos, un total de 25 recepcionistas de Ourense, Allariz e Arnoia, así como persoal da Oficina de Turismo de Ourense, participaron o día 6 no primeiro “fam-trip” da Ribeira Sacra. Nesta excursión dun día, na que visitaron unha adega, un mosteiro, unha oficina de turismo, un restaurante e varios miradoiros, os profesionais recibiron información detallada e valoraron in situ as rutas de acceso máis recomendables á Ribeira Sacra dende os seus puntos de orixe, para coñecer con exactitude, por exemplo, o tempo de desprazamento ou a oferta turística menos difundida.

OURENSE, GRAN ENTRADA Á RIBEIRA SACRA
A repercusión desta iniciativa pode ser importante para a promoción da Ribeira Sacra xa que, según explican dende o Consorcio, máis do 50% da clientela que se hospeda en Ourense por motivos de ocio pregunta pola Ribeira Sacra.Dende o Consorcio valoraron moi positivamente esta experiencia, e xa están a extender esta proposta de “fam-trip” a Lugo capital, A Mariña lucense ou ás zonas das Rías Baixas máis próximas á Ribeira Sacra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Camiño, aula aberta para aprender idiomas en Sarria

Seguinte Nova

Comendo e falando en alemán e italiano

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

 
A %d blogueros les gusta esto: