• O Correlingua 2015 encheu as rúas lucenses de escolares en defensa do idioma galego. En Monforte, participaron escolares do colexio Infanta Elena, IES A Pinguela, IES Daviña Rey, Colexio Ferroviario, e IES Río Cabe, ademais do IES Lama das Quendas de Chantada, IES Cosme López de A Rúa, e CEIP Pobra do Brollón. Pola súa banda, o alumnado do IES Xograr Afonso e do IES Gregorio Fernández de Sarria tomaron parte no Correlingua 2015 celebrado na capital provincial. Os escolares do IES Xograr Afonso acadaron o terceiro premio no certame de pancartas, e a alumna do IES Gregorio Fernández, Alba García, versionou o «Negra sombra» de Rosalía de Castro no acto de peche do Correlingua 2015.•