•Porter, un dos 50 mellores xogadores da historia da NBA, protagoniza o proxecto “El Camino acaba en Obradoiro”, con fins promocionais e solidarios •A estrela do baloncesto americano percorreu o último tramo do Camiño entre Sarria e Compostela
•O ex xogador da NBA Terry Porter realizou o Camiño de Santiago dende Sarria ata Compostela do 4 ao 9 de maio, para desenvolver o proxecto “El Camino acaba en Obradoiro”. O proxecto promocionará o Camiño en EEUU, e os beneficios irán a unha asociación e á beca Terry Porter de inclusión social a través do deporte.•