O web do servizo de Cardioloxía do Hula recibe o Premio #INLugo, na categoría de Educación e Formación

O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, cos galardoados cos Premios #INLUGO, no marco do III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais o pasado 9 de maio.  GPDL.
O presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o alcalde de Lugo, José López Orozco, cos galardoados cos Premios #INLUGO, no marco do III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais o pasado 9 de maio. GPDL.

 

• O 9 de maio entregáronse os Premios #INLugo, dentro das actividades do III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais, celebrado a segunda fin de semana de maio en Lugo. Na categoría de Educación e Formación, foi premiada o web do Servizo de Cardioloxía do HULA (www.cardiologia-lugo.com), pola importancia da difusión de información das enfermidades cardiovasculares entre a poboación, o que repercute na mellora da saúde dos cidadáns. Ademais, o xurado tivo en conta o emprego na web dunha linguaxe próxima e accesible, e por colaborar coa formación dos médicos de atención primaria cos seus contidos. É o primeiro web dun servizo de área médica do HULA con enfoque formativo e educativo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Baixa o paro en abril nas comarcas de Chantada, Lemos e Sarria

Seguinte Nova

A xogadora monfortina Noelia Sánchez, triunfadora na Superliga co Naturhouse Cidade de Logroño

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: