Todo un mes de celebración das Letras Galegas en Monforte

• A Concellería de Cultura de Monforte está a desenvolver un intenso programa de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas durante todo o mes.

EXPOSICIÓN, RUTAS E LITERATURA
Ata o día 29 deste mes pode verse na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro a mostra «Terra e letras de Lemos: 17 olladas», de J.M. Rodríguez, e que ademais ofrece a oportunidade de percorrela con visitas guiadas.
Ademais, organízanse dúas rutas culturais para afondar nos segredos da historia e do patrimonio cultural da cidade do Cabe. As Rutas Histórico-Literarias por Monforte están orientadas ao alumnado de Secundaria dos centros de ensino da cidade, pero tamén abertos ao público en xeral. O alumnado de Primaria poderá disfrutar ao longo deste mes da Ruta Coñece Monforte.
A Biblioteca Municipal organizou unha nova edición do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas, baixo o tema «Da ciencia á ficción: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc».
A programación contará coa presentación do libro «Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte», o sábado 16 de maio na Praza de Abastos.
Este espazo tamén acollerá, na fin de semana das Letras Galegas, o Mercado das Letras e das Flores, o sábado 16 de 10,30 a 14,00 e de 17,00 a 20,00, e o domingo 17 de 10,30 a 14,00 horas. O domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, o cantautor Emilio Rúa actuará na Praza de Abastos ás 12,00 horas.

OBRADOIRO INFANTIL E TEATRO
Ademais, o xoves 21 terá lugar ás seis na Biblioteca Municipal o obradoiro «Imos xogar con Filgueira Valverde», para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Haberá teatro o venres 29, coa obra «Bestiario», a cargo da compañía Teatro Lila, a partir das oito na Casa da Cultura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xa está aberto o prazo para o IV Concurso de Carteis XIII Feira Tradicional «Outrora» de Rubián-Bóveda

Seguinte Nova

O Correlingua 2015 uniu aos escolares lucenses en defensa do galego

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss