•Ata o 12 de xuño poderanse enviar traballos para competir no IV Concurso de Carteis XIII Feira Tradicional «Outrora» de Rubián-Bóveda. Os carteis versarán sobre o tema da Feira Outrora, ambientada nun mercado tradicional galego de finais do século XIX ata mediados do século XX. Poderán presentarse ata dúas obras por autor, que deberán ser inéditas. Os carteis deberán incluír o texto: XIII FEIRA TRADICIONAL «OUTRORA» RUBIÁN-BÓVEDA 14 DE XULLO DE 2015, disposto en tres liñas. O tamaño do orixinal será A2 (42 x 59 cm), en formato vertical e con tipografía e técnica libres. Poden enviarse a cultura@concellodeboveda.com, en formato JPG e PDF, a 300 ppp, e recoméndase cargar tamén as fontes empregadas.Pode enviarse por correo postal ou presencialmente no Rexistro do Concello de Bóveda, Avenida Alfonso XIII 85, 27340 Bóveda, no tamaño orixinal, sen firma e con lema, e cun sobre incluíndo dentro os datos autoriais. O premio é de 150 euros, e o deseño gañador será o cartel da Feira. •
Últimas noticias sobre CULTURA
• Maite Ferreiro destacou o contacto directo e continuo con concellos e asociacións para desenvolver unha
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC vén de facer pública a lista dos que
En Lourenzá tivo lugar o acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este
Ata o 31 de xaneiro de 2023 poderá verse no Pazo de San Marcos de Lugo
O Consello de Cultura Galega organizou a pasada semana no Colexio da Nosa Señora da Antiga