A colección de ourivería castrexa de Álvaro Gil, declarada Ben de Interese Cultural

O responsable de Cultura da Deputación afirma que co seu recoñecemento como Ben de Interese Cultural «remátase o traballo iniciado coa súa recuperación» A colección pode verse no Museo de Lugo dende o pasado mes de febrero

O delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, nunha imaxe de arquivo con motivo da chegada ao Museo de Lugo da colección de Álvaro Gil. GPVDL.
O delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, nunha imaxe de arquivo con motivo da chegada ao Museo de Lugo da colección de Álvaro Gil. GPVDL.

• A mediados deste mes, a Xunta de Galicia vén de declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a colección de ourivería de Álvaro Gil, que dende o pasado mes de febreiro forma parte da colección permanente do Museo Provincial de Lugo. A xestión deste traspaso foi realizada pola Deputación lucense, polo que o responsable de Cultura do organismo provincial, Mario Outeiro, valorou como «unha boa noticia» a consideración como BIC desta importante colección, a máis importante do noroeste peninsular. «Logo desta declaración, o tesouro castrexo que custodia o Museo de Lugo fará un fantástico tándem coma Muralla romana para a proxección e o despegue turístico definitivo de Lugo», afirmou Outeiro.

«AUTÉNTICO TESOURO PATRIMONIAL DE TODA GALICIA»

O pasado 10 de febreiro regresaba ao Museo de Lugo dun xeito definitivo a colección de ourivería de Álvaro Gil Varela, tralas negociacións mantidas entre a Área de Cultura da Deputación de Lugo e a familia Gil. Esta colección constitúe un importante legado de pezas de valor incalculable para o patrimonio cultural de Galicia.

«A día de hoxe xa ningúen dubida do valor destas pezas, entre elas torques, pulseiras, adornos de pelo e arracadas, fundamentalmente de ouro, datadas entre o 1800 a.C. e o 400 d.C., a máis importante colección de ourivería castrexa do noroeste peninsular», explicou Mario Outeiro. O responsable provincial de Cultura suliñou que a colección de Álvaro Gil constitúe «un auténtico tesouro patrimonio de toda a nación galega». Este legado integra pezas procedentes de Viveiro, Mondoñedo, Burela, Foz, Castro de Rei ou Riotorto, pero tamén de Toques, Melide, Pontedeume, Boiro, A Estrada ou da Gudiña. «É un símbolo de toda Galicia, non só da provincia de Lugo», apuntou Mario Outeiro.

AS VISITAS AO MUSEO DE LUGO DUPLICÁRONSE CO REGRESO DESTA COLECCIÓN

Dende o regreso desta colección a Lugo, o Museo Provincial praticamente duplicou as súas visitas. Según informaron os responsables provinciais, dende o 10 de febreiro ata o 20 de maio, un total de 15.603 persoas pasaron polo Museo de Lugo para ver esta colección. «Son cifras moi importantes e que indican o potencial deste tesouro castrexo para dar a coñecer Lugo e atraer turismo, semellante ao que supuxo a Muralla despois da Declaración como Patrimonio da Humanidade», afirmou o responsable de Cultura e Turismo da Deputación.

DESTACADO FITO NA XESTIÓN CULTURAL

Co recoñecemento como BIC por parte da Xunta remata un longo proceso de recuperación e posta en valor deste legado iniciado a comezos deste mandato pola área de Cultura da Deputación. Outeiro suliñou a importancia desta colección como «un referente fundamental para patrimonio cultural galego. «Coido que a volta definitiva da colección Álvaro Gil e a súa declaración como BIC é o fito máis destacable destes catro anos», destacou Mario Outeiro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Axudas provinciais para abrir os centros lucenses de autismo e de dano cerebral

Seguinte Nova

O Concello de Monforte edita un libro sobre Lois Pereiro

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss