A Deputación custeará a matrícula aos 135 mellores expedientes de Bacharelato, FP e Grao do Campus de Lugo

• A Deputación de Lugo vén de aprobar as bases da convocatoria do plan de captación de talento, denominado «O teu esforzo ten premio en Lugo», polo que o organismo provincial custeará, con 130.000 euros de fondos propios, a matrícula íntegra aos 135 mellores expedientes de Bacharelato, Formación Profesional e Grao do Campus de Lugo. Según explicou o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, esta medida responde a unha das peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos 2015. Ademais, a medida supón un paso máis dentro do plan de choque que a Deputación e a Universidade de Santiago de Compostela puxeron en marcha hai un ano para impulsar o Campus de Lugo.

A DEPUTACIÓN PAGARÁ O CUSTE ÍNTEGRO DA MATRÍCULA A 90 ESTUDANTES

O programa «O teu esforzo ten premio en Lugo» inclúe dúas medidas. Por unha banda, o plan ofrece premios para os mellores expedientes de Bacharelato e Formación Profesional, e que consistirán no abono da matrícula íntegra, por parte da Deputación, a 90 estudantes que se matriculen no Campus de Lugo na convocatoria de xullo. Estas 90 becas serán as dos seis mellores expedientes en cada unha das 15 titulacións de Grao que ofrece o Campus lucense.

PAGO ÍNTEGRO DA MATRÍCULA NUN MASTER PARA OS 45 MELLORES EXPEDIENTES DO CAMPUS DE LUGO

A segunda medida do programa «O teu esforzo ten premio en Lugo» está destinada aos 45 mellores expedientes graduados en cada unha das 15 titulacións do Campus de Lugo, correspondendo tres expedientes por grao. Neste caso, a Deputación sufragará o custo íntegro da matrícula dos Máster que ofrece o Campus lucense no curso 2015-2016.•

• A Deputación de Lugo vén de aprobar as bases da convocatoria do plan de captación de talento, denominado «O teu esforzo ten premio en Lugo», polo que o organismo provincial custeará, con 130.000 euros de fondos propios, a matrícula íntegra aos 135 mellores expedientes de Bacharelato, Formación Profesional e Grao do Campus de Lugo. Según explicou o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, esta medida responde a unha das peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos 2015. Ademais, a medida supón un paso máis dentro do plan de choque que a Deputación e a Universidade de Santiago de Compostela puxeron en marcha hai un ano para impulsar o Campus de Lugo.

86 NOVOS BENEFICIADOS POLO PROGRAMA «BEN EMPREGADO!»

Lara Méndez, vicepresidenta segunda da Deputación, durante a charla informativa do programa Ben Empregado!. GPDL.
Lara Méndez, vicepresidenta segunda da Deputación, durante a charla informativa do programa Ben Empregado!. GPDL.

Os 86 novos beneficiarios do programa Ben Empregado!, xunto cos representantes das empresas e entidades nas que van traballar, participaron nunha xuntanza informativa a finais deste mes en Lugo. Nesta reunión, os técnicos provinciais explicaron aos asistentes os detalles de como se vai desenvolver este plan de emprego. Deste xeito, son 156 os desempregados lucenses que se teñen beneficiado desta iniciativa de inserción laboral da Deputación de Lugo. A finais deste mes está previsto que se aprobe a proposta de selección dos preto de 100 candidatos restantes, co que serían preto de 300 os lucenses incorporados ao mercado laboral con este programa. Os contratos serán dun ano, e incorporan cláusulas sociais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os socialistas reclaman no Congreso que o Goberno arranxe as estradas nacionais da provincia de Lugo

Seguinte Nova

Monforte, Sarria e Chantada acollen cursos de hostalería da APEHL dentro do Pacto Provincial polo Emprego II da Deputación

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: