•Este dispositivo serve para diagnosticar e tratar paradas cardiorrespiratorias producidas por unha fibrilación ventricular. Esta aparato sanitario, que só funciona cando a parada é producida por este problema cardíaco, ten un éxito do 75% se se aplica entre os primeiros 3 e 5 minutos. A súa finalidade é a de reverter unha parada cardíaca, dando descargas eléctricas para pór ao corazón no seu ritmo habitual. O protocolo de actuación fronte a un caso de parada consiste en, primeiro, dar conta da incidencia ao 061, para que despracen, o antes posible, unha unidade móbil. En segundo lugar, comézase co masaxe cardíaco ao tempo que se van instalando os parches eléctricos do desfibrilador. Logo de colocados, o aparello analiza e diagnostica o problema do paciente, e emite un voz que nos indica os tempos obrigatorios de masaxe, así como os momentos de descarga.•
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
• O acordo inclúe tamén pedir á Xunta que poña en funcionamento un Observatorio de Prezos
• A campaña, que difundirá o valor da toponimia galega, inciase en Pantón o 17 de
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou os decretos da Consellería do Medio Rural polos que
• O Concello procedeu a executar os traballos de limpeza da lagoa do Parque dos Condes
• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante