A Deputación de Lugo, a única administración lucense que dispón dun desfibrilador externo semiautomático

 Este dispositivo serve para diagnosticar e tratar paradas cardiorrespiratorias producidas por unha fibrilación ventricular. Esta aparato sanitario, que só funciona cando a parada é producida por este problema cardíaco, ten un éxito do 75% se se aplica entre os primeiros 3 e 5 minutos. A súa finalidade é a de reverter unha parada cardíaca, dando descargas eléctricas para pór ao corazón no seu ritmo habitual. O protocolo de actuación fronte a un caso de parada consiste en, primeiro, dar conta da incidencia ao 061, para que despracen, o antes posible, unha unidade móbil. En segundo lugar, comézase co masaxe cardíaco ao tempo que se van instalando os parches eléctricos do desfibrilador. Logo de colocados, o aparello analiza e diagnostica o problema do paciente, e emite un voz que nos indica os tempos obrigatorios de masaxe, así como os momentos de descarga.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Augas Santas premiou ás novas promesas do golf de Galicia

Seguinte Nova

A 4ª Subida á Pontenova entregou o I Trofeo Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: