A Gala do Deporte monfortino recoñeceu ás mellores traxectorias do 2014
O gañador ao premio ao mellor deportista de 2014, o palista Marcos González, e os finalistas Andrés Saco (piragüismo), Raúl Pérez (pesca), Raúl Esmorís (billar), Pablo Valcarce (natación), e Carlos Fernández (taekwondo). ECJosé María Vega recibe o premio ao mellor clube, concedido ao Club Taekwondo Neka, de mans de Julia Rodríguez. ECManuel López Eiriz entregou a distinción ao mellor árbitro a Saúl López Parga, árbitro de fútbol. EC
A atleta Saleta Fernández foi declarada Mellor Deportista do ano 2014, e foron finalistas a taekwondista Jasmín Rodríguez, e a nadadora Sandra Suñer. EC
Nicolás Díaz, do Club Piragüismo Quixós, recibiu o premio á mellor promesa do deporte masculino. Como finalistas, Alejandro Delgado, do Club Pesca Val de Lemos, e Alejandro Fernández, do Club Taekwondo Neka. EC
José Tomé entregou a Melania López, do Club Atletismo A Gándara, o premio á mellor promesa feminina. Carla Pardo, do Club Taekwondo Neka, foi finalista nesta categoría. EC
• O pasado 15 de maio, Monforte homenaxeou aos mellores deportistas do ano 2014, nun evento que encheu de público o Salón de Actos da Casa da Cultura. O padriño desta edición da Gala do Deporte de Monforte foi o ciclista Ezequiel Mosquera, que felicitou ao Concello de Monforte e ao alcalde, Severino Rodríguez, por este iniciativa de apoio ao deporte local e de base. Ademais dos premios nas categorías absoluta, que corresponderon a Saleta Fernández e Marcos González, foron recoñecidos como mellores deportistas promesas de 2014 Nicolás Días, do club Quixós, e Melania López, do club A Gándara. O club Neka logrou un doblete, cos galardóns de mellor clube e mellor adestrador, que recaeu en José María Vega. Pola súa banda, Saúl López Parga foi recoñecido como mellor árbitro da temporada pasada.•