A Xunta aposta polo dominio .gal en todas as súas iniciativas en internet

Núñez Feijóo afirmou que «o dominio .gal é unha oportunidade para dar a coñecer Galicia no mundo»

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta do 13 de maio. GPXG.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta do 13 de maio. GPXG.

• Dende mediados deste mes, a Xunta de Galicia está a introducir o dominio .gal en todas as súas referencias institucionais en internet. Esta medida está incluída no decreto aprobado no Consello da Xunta do 13 de maio, e que regula a partir deste momento a presenza na rede da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A WEB DA XUNTA SERÁ WWW.XUNTA.GAL

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que este decreto determina un novo modelo de presenza na rede para a Administración autonómica, que establece a adopción do dominio .gal para todos os portais institucionais.

Así, todo o que se estrutura desde o punto de vista de internet e Xunta de Galicia atenderá a unha única dirección, www.xunta.gal, como porta de entrada a todos os espazos e servizos web dos distintos organismos públicos. Ademais, o emprego do .gal extenderase tamén a todos os correos corporativos. O presidente suliñou que a adaptación ao novo dominio desenvolverase de xeito progresivo e non suporá ningún custe adicional para a Administración.

«A XUNTA DÁ UN NOVO PASO POR FORTALECER ESTE DOMINIO»

Núñez Feijóo asegurou que con este novo texto «a Xunta dá un paso máis na aposta por conseguir e por fortalecer o dominio .gal». O presidente lembrou o apoio da Xunta para conseguir un dominio específico para Galicia, e que a Xunta foi unha das entidades pioneiras que activou nove dominios .gal en internet. «Agora, a iniciativa institucional volve a estar garantida para que se consolide, con esta decisión de que o .gal sexa o dominio de referencia da Administración pública».

Núñez Feijóo destacou a consolidación da aposta institucional polo dominio .gal. O mandatario autonómico suliñou que o emprego deste dominio en internet «é unha oportunidade para dar a coñecer Galicia no mundo, unha oportunidade que debemos aproveitar todos os galegos e que vai aproveitar a Xunta».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Aprobadas as bases do proxecto teatral Buxiganga 2015

Seguinte Nova

A Deputación colabora na restauración da casa de Uxío Novoneyra como espazo aberto de cultura

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: