As instalacións de Augas Mestas acolleron unha xuntanza do Eixo Atlántico

Os participantes destacaron o potencial deste complexo para dinamizar a actividade económica da provincia

A xornada sobre proxectos europeos organizada polo Eixo Atlántico e a Deputación celebrouse no complexo de Augas Mestas o 21 de maio.  (Foto cedida: Eixo Atlántico).
A xornada sobre proxectos europeos organizada polo Eixo Atlántico e a Deputación celebrouse no complexo de Augas Mestas o 21 de maio. (Foto cedida: Eixo Atlántico).

• As instalacións do complexo de Augas Mestas, no municipio de Quiroga, acolleu o pasado 21 de maio unha xornada sobre proxectos europeos, organizada polo Eixo Atlántico e a Deputación de Lugo. Este encontro supón o comezo dunha nova etapa na actividade deste complexo que, según os responsables provinciais, estará totalmente dispoñible para o seu disfrute xa neste verán.

«INNUMERABLES POSIBILIDADES» TURÍSTICAS E PARA ORGANIZACIÓN DE EVENTOS

A xornada do día 21 estivo centrada nos programas europeos do Eixo Atlántico no periodo 2014-2020, e contou coa participación dunha vintena de técnicos encargados de xestionar fondos europeos en entidades locais integradas no Eixo.

Na presentación da xornada, a deputada Sonsoles López Izquierdo destacou as «innumerables posibilidades» do complexo de Augas Mestas «non só dende o punto de vista turístico senón como escenario para a celebración de eventos como a xornada do Eixo, moi pertinente posto que a súa posta en valor foi posible grazas a fondos eurpeos».

O EIXO CELEBRARÁ MÁIS EVENTOS EN AUGAS MESTAS

Pola súa banda, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Juan Vázquez Mao, fixo fincapé no potencial de Augas Mestas para dinamizar a actividade económica da provincia, de cara a ofrecer un turismo de natureza; o de rutas fluviais ou mesmo integrarse no turismo xacobeo como parte do Camiño francés e o Camiño portugués, procedente do país veciño. Asimesmo, avanzou a intención do Eixo Atlántico de celebrar máis eventos en Augas Mestas no futuro.

A Deputación aprobou a concesión, por 25 anos, do complexo de Augas Mestas, que entrará en uso a finais deste mes logo de máis de 10 anos sen actividade. O organismo provincial continúa executando reformas en Augas Mestas, financiadas con fondos europeos, para adaptalo á normativa vixente.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A paisaxe de Quiroga, aula aberta no Xeolodía 2015

Seguinte Nova

Todo listo en Pantón para celebrar as XXVIII Xornadas da Rota do Románico

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss